Mediante Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG nº 31, do 13 de febreiro) procedeuse á convocatoria de varias liñas de axuda do Igape, entre outras, a liña de axudas a proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica nas pemes (procedemento IG103), cun crédito dispoñible de 3.500.000 na anualidade de 2010.
Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda e na procura da efectividade desta liña, parece oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas a proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica das pemes (procedemento IG103).
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único.-Ampliar en 2.000.000 o crédito dispoñible na anualidade 2010 para as axudas a proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica das pemes (procedemento IG103), ao abeiro da base reguladora das axudas do Igape ao investimento empresarial, con cargo á partida orzamentaria 02.02.E2/10/03-656700 dos orzamentos do Igape.
Con esta ampliación a suma total do crédito dispoñible para o exercicio 2010 é de 5.500.000 .
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2009.
Joaquín Varela de Limia de Cominges
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica