DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 26 de outubro de 2009 Páx. 16.640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 6 de outubro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso, en virtude da Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos. (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

O día 31 de xullo de 2009 a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril (DOG nº 79, do 24 de abril), pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas ao fomento en Galicia de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos.

No seu artigo 3º detállanse a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas, e sinálase que este poderá ser incrementado coa dotación dos fondos provenientes dos orzamentos xerais do Estado.

Co obxecto de poder amparar todas as solicitudes de axudas aprobadas, en réxime de concorrencia competitiva, aprobouse o correspondente expediente de xeración de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e de acordo co disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e conforme co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. A dotación orzamentaria prevista no artigo 3º da Orde do 22 de xullo de 2009, pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiários das axudas establecidas na Orde do 18 de abril pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas ao fomento en Galicia de sistema de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (DOG nº 149, do 31 de xullo), increméntase con fondos provenientes dos orzamentos xerais do Estado, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.713-C.770.6, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1.106.280 euros, para o ano 2009.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da dotación orzamentaria ascende a 1.111.816 euros.

2. A concesión da axuda estará sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

Disposición adicional

Única.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación das solicitudes de axuda na dita Orde do 22 de xullo de 2009.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2009.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural