DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 26 de outubro de 2009 Páx. 16.638

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de outubro de 2009 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2008-2009, convocados pola Orde do 7 de abril de 2009.

A Orde do 7 de abril de 2009 (DOG do 16 de abril) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2008-2009, establece no seu artigo 9.3º que o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a resolución correspondente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos, resoltas as reclamacións presentadas, e vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, este conselleiro

DISPÓN:

Primeiro.-Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2008-2009, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo.-Contra esta resolución de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "20900D006P014.PDF"