DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 26 de outubro de 2009 Páx. 16.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2009 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (IN515B) (Diario Oficial de Galicia número 122, do 24 de xuño).

O conselleiro de Economía e Industria, con data do 19 de outubro de 2009, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

O artigo 12 das bases reguladoras da orde dispón no seu número 4: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Economía e Industria. Nesta publicación especificarase a data de convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderá remitirse aos beneficiarios a que consulten información detallada da resolución nun taboleiro da citada web».

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios de subvención. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Todos os solicitantes que se recollen no anexo poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible no enderezo da internet: https://axudasindustria.xunta.es/att.

O acceso tamén se poderá facer a través da aplicación informática axudas virtual (procedemento IN515B) establecida na oficina virtual desta consellería, sita no enderezo da internet: http://economiaeindustria.xunta.es, ou tamén se pode acceder desde o enderezo da internet: http://www.xunta.es/presentacion-electronica, da Xunta de Galicia, facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN515B.

Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico, cada solicitante deberá introducir o NIF e o contrasinal, ou ben NIF e certificado dixital que foron utilizados no momento de cubrir a súa solicitude. O usuario poderá ler os documentos dos diferentes taboleiros (xeral da orde e persoal) facendo clic no enlace taboleiro do menú.

Contra a resolución de concesión, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercar calquera outro que coiden oportuno.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención. Estes solicitantes poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible no mesmo enderezo da internet que o indicado nos paragráfos anteriores.

2. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Secretaría Xeral, a través do teléfono 881 99 90 03 ou do enderezo de correo electrónico cei.axudassecretaria@xunta.es.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "20900D005P010.PDF"