DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 26 de outubro de 2009 Páx. 16.633

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN519B) (Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 20 da Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN519B),

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da citada orde.

-Norma reguladora: Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN519B).

-Aplicacións orzamentarias: 10.03.732-A 781.0 asociacións e institucións sen ánimo de lucro: actuacións en materia de infraestruturas en polígonos industriais, e 10.03.732-A 760.0 concellos. Actuacións para infraestruturas en polígonos industriais.

-Crédito orzamentario:

Asociacións: 250.000 € (ano 2009) e 50.000 € (ano 2010).

Concellos: 719.928,13 € (ano 2009) e 719.928,13 € (ano 2010).

-Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: véxanse os anexos.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87, do 6 de maio).

José Riesgo Boluda

Secretario xeral de Economía e Industria

Ver referencia pdf "20900D004P009.PDF"