DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 26 de outubro de 2009 Páx. 16.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2009, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da capacitación para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de transporte interior e internacional de viaxeiros, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios.

En sesión que tivo lugar o 14 de outubro de 2009, o tribunal designado pola resolución da Dirección Xeral de Transportes (hoxe Dirección Xeral de Mobilidade), do 30 de xaneiro de 2009, para cualificar as probas de constatación da capacitación para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de transporte interior e internacional de viaxeiros,

ACORDOU:

Primeiro.-Os exercicios da segunda convocatoria do ano 2009 das probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio de actividades de transporte terán lugar o 14 de novembro de 2009 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:

a) Transporte interior e internacional de mercadorías: todos eles/as ás 9.00 horas.

b) Transporte interior e internacional de viaxeiros: todos eles/as ás 16.00 horas.

Terceiro.-Os/as aspirantes deberanse presentar provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/a aspirante á realización das probas. Recoméndaselles igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.

Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizaren o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizaren as operacións matemáticas que resulten necesarias.

Cuarto.-Non se permitirá o acceso e tenza no recinto onde se realizarán os exercicios de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.

Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2009.

Antón García Río

Presidente do tribunal