DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 26 de outubro de 2009 Páx. 16.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede á publicación de subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 14 da Orde do 26 de decembro de 2008, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia, resolvo que se proceda á publicación de subvencións concedidas que se indican no anexo, con cargo á aplicación orzamentaria 41.03.141.A.760.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2009. Esta liña de subvencións finánciase nun 70% con cargo aos fondos Feder e nun 30% con cargo a fondos da comunidade autónoma.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2009.

José Norberto Uzal Tresandí

Director xeral de Administración Local

Ver referencia pdf "20900D002P007.PDF"

Advertida unha omisión na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 201, do mércores, 14 de outubro de 2009, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 16.119, debe figurar en primeiro lugar o seguinte:

Ver referencia pdf "20900D003P008.PDF"