DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 23 de outubro de 2009 Páx. 15.567

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia (7869/2009).

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 6 de outubro actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 7869/2009, promovido pola Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras no seu conxunto e, en todo caso, os artigos 2, 3.4º, 4, 5, 6.3º, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17.2º, os números 1º e 2º da alínea b) do artigo 18, 19.3º e 4º, 22.3º, 24.2º, 27.3º, 28, menos o parágrafo primeiro, 30.3º, 31, 32.2º, 3º e 4º, 33.3º e 4º, 36, 37.4º, parágrafo segundo, 38 parágrafo segundo, 42.2º, 3º e 4º, 43.3º e 4º, 44, 45 e 46, así como das disposicións adicionais segunda, terceira e cuarta, e as disposicións transitorias segunda e terceira do anexo III.

Madrid, seis de outubro de dous mil nove.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno