DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 20 de outubro de 2009 Páx. 16.374

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 14 de outubro de 2009 pola que se incorporan novos procedementos ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, regulado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán.

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúense no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e quedan, pois, habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º os procedementos que se recollen no anexo desta orde.

2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO

IN421A.-Axudas para proxectos de enerxías renovables. Enerxía solar térmica.

IN421B.-Axudas para proxectos de enerxías renovables. Enerxía solar fotovoltaica illada.

IN421C.-Axudas para proxectos de enerxías renovables. Enerxía solar fotovoltaica conectada á rede.

IN421D.-Axudas para proxectos de enerxías renovables. Biomasa.

IN421E.-Axudas para proxectos de enerxías renovables. Biogás.

IN421F.-Axudas para proxectos de enerxías renovables. Enerxía eólica, minihidráulica e instalacións mixtas de xeración eléctrica.

IN417B.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Auditorías enerxéticas (AEI).

IN417C.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética (PEI).

IN417D.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Estudos xerais de mobilidade urbana sustentable (EPM).

IN417E.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Estudos de viabilidade de PMUS (VPM).

IN417F.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Plans de transporte para empresas (EPT).

IN417G.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Xestión frotas de transporte (XFT).

IN417H.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Rehabilitación envolvente térmica dos edificios existentes (ENV).

IN417I.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Mellora das instalacións térmicas edificios existentes (TER).

IN417J.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Mellora da iluminación interior edificios existentes (ILI).

IN417K.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Construción de novos edificios (CNE).

IN417L.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Auditorías enerxéticas sector servizos (AES).

IN417M.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Bombas de calor xeotérmicas (BCX).

IN417N.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Bombas de calor aire-aire/auga-auga (BCA).

IN417O.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Proxectos de mellora da eficacia enerxética das instalacións de potabilización, abastecemento e depuración de augas residuais (PAD).

IN417P.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Renovación das instalacións de iluminación públicas exterior/renovación de semáforos (ILES/SEM).

IN417Q.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Auditorías enerxéticas en iluminación pública exterior (AEP).

IN417R.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Auditorías enerxéticas en coxeracións (AEC).

IN417S.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Estudio de viabilidade coxeracións (EVC).

IN417T.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Proxecto de coxeración de pequena potencia (COX).

IN417U.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Axudas públicas á coxeración non industrial (CNI).

IN417V.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Auditorías enerxéticas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro (PES).

IN417W.-Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Auditorías enerxéticas e investimentos de aforro e eficiencia enerxética (AGR).

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA