DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 19 de outubro de 2009 Páx. 16.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2009 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2009 para axudas a proxectos de deseño (procedemento IG109).

Mediante Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG nº 31, do 13 de febreiro) procedeuse á convocatoria de varias liñas de axuda do Igape, entre outras, a liña de axudas a proxectos de deseño (procedemento IG109), cun crédito dispoñible para concesións de 500.000 euros no orzamento de 2009.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda e na procura da efectividade desta liña, semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas a proxectos de deseño (procedemento IG109 -artigo 5).

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Ampliar en 900.000 euros o crédito dispoñible para o exercicio 2009 para as axudas a proxectos de deseño, ao abeiro da base reguladora das axudas a proxectos de consultoría e asistencia técnica nas pemes (procedemento IG109-artigo 5), con cargo á partida orzamentaria 02.02.E4/10/02-656 dos orzamentos do Igape.

Con esta ampliación a suma total do crédito dispoñible para o exercicio 2009 é de 1.400.000 euros.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2009.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica