DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 19 de outubro de 2009 Páx. 16.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2009 pola que se aproban as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura.

Vistas as solicitudes de subvencións destinadas ao fomento de realización de programas e actividades de promoción do hábito lector, en especial a creación e mantemento de clubs de lectura presentadas polas asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Vista a proposta da comisión de valoración prevista no artigo 6 da dita Orde do 1 de abril de 2009, e tendo en conta os criterios sinalados no seu artigo 6,

RESOLVO:

Conceder as axudas sinaladas no anexo ás asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais relacionadas coa realización de actividades de promoción do hábito lector e, en especial, a creación e mantemento de clubs de lectura, con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432B.481.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

As asociacións e institucións culturais ás que fai referencia esta resolución deberán xustificar a totalidade do orzamento antes do 1 de novembro do ano 2009, segundo o artigo 9 da orde de convocatoria do 1 de abril de 2009.

Notificarlles aos interesados esta resolución, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2009.

P.D. (Orde 2-5-2009)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo

Ver referencia pdf "20400D005P012.PDF"