DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 19 de outubro de 2009 Páx. 16.303

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

O Decreto 324/2009, do 11 de xuño, establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria. No devandito decreto e dependente desa consellería figura como organismo autónomo de carácter administrativo e con personalidade xurídica propia o Instituto Galego de Consumo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Economía e Industria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 1 de outubro de 2009, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo, nos termos seguintes:

a) A modificación da relación de postos de traballo, ten por obxecto cambiar o requisito de corpo/escala de cobertura, actualmente só previsto para persoal de Administración xeral, posibilitando a súa cobertura por persoal de Administración especial e persoal de Administración xeral-escala de inspección de consumo para os postos de xefatura de servizo de consumo das catro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

b) Así mesmo, modifícase o posto de director/a coordinador/a do Laboratorio de Consumo de Galicia na Coruña, ampliando a súa cobertura ao persoal de Administración especial, ademais de incluir un número superior de titulacións académicas.

Segundo.-Ordénase a publicación desta no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro.-Clasificar de libre designación o posto que a continuación se relaciona en aplicación dos criterios de excepcionalidade que á marxe se indican, de conformidade co previsto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o disposto mediante Acordo do 28 de xaneiro de 2008 asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e polas organizacións sindicais.

Ver referencia pdf "20400D002P007.PDF"

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 1 de outubro de 2009, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Consumo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "20400D002P007.PDF"