DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 16 de outubro de 2009 Páx. 16.247

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2009 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello Asesor da Compañía de Radio-Televisión Española en Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 22 de setembro de 2009, acordou elixir, en cumprimento do disposto no artigo 8, punto 2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, por 72 votos a favor, membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia, (para cubrir a vacante de José Miguel Túñez López), a Rebeca Romero Rodríguez.

O que se publica para xeral coñecmento e para os efectos establecidos nos artigos 65 e concordantes do Regulamento do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2009.

José Manuel Baltar Blanco

Presidente en funcións