DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 15 de outubro de 2009 Páx. 16.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO TERCEIRO)

EDICTO (C-108/2009-0)

O director técnico do Departamento Terceiro e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C-108/2009-0, en virtude do acordado en providencia do Conselleiro de Contas do 15 de setembro de 2009, e para dar cumprimento ao previsto no artigo 68.1º, en relación co 73.1º, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas, fai saber que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-108/2009-0, do ramo de entidades locais (concello de Ferrol, A Coruña), como consecuencia dun presunto alcande habido nos fondos da sociedade municipal Empresa Mixta de Aguas de Ferrol, S.A. (Emafesa) de Ferrol (A Coruña).

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, presentándose en forma dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Madrid a dezaseis de setembro de dous mil nove.

Navarro Corbacho

Director técnico, secretario do procedemento