DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 15 de outubro de 2009 Páx. 16.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2009 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 31 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria, para o ano 2009, de subvencións destinadas a pequenas e medianas empresas comerciais retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, e que leven a cabo proxectos de implantación de sistemas de calidade, creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe nos establecementos comerciais (Diario Oficial de Galicia número 32, do 16 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 18 da orde reguladora, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Economía e Industria, relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria, para o ano 2009, de subvencións destinadas a pequenas e medianas empresas comerciais retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, e que leven a cabo proxectos de implantación de sistemas de calidade, creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe nos establecementos comerciais. (IN217A).

Finalidade da subvención: implantación do distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais.

Crédito orzamentario: 2.518.298,93 €.

Aplicación orzamentaria: 44.03.751A.770.1.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "20200D006P020.PDF"

Ver referencia pdf "20200D007P021.PDF"

Ver referencia pdf "20200D008P027.PDF"