DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 15 de outubro de 2009 Páx. 16.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2009 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 4 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria, para o ano 2009, de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 18 da orde reguladora, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Economía e Industria, relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 4 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria, para o ano 2009, de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego (IN216A).

Finalidade da subvención: abandono da actividade comercial.

Crédito orzamentario: 1.000.000 €.

Aplicación orzamentaria: 44.03.751A.770.2.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2009.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "20200D005P019.PDF"

Ver referencia pdf "20200D006P020.PDF"