DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 15 de outubro de 2009 Páx. 16.177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de outubro de dous mil nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos termos seguintes:

-A modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten por obxecto a apertura dos postos de traballo dos secretarios/as e dos xefes/as territoriais das delegacións, aos cales terán acceso, ademais dos funcionarios de corpos da Administración da Xunta de Galicia, Estado, comunidades autónomas e Administración local, os funcionarios da Administración de xustiza. Esta proposta xustifícase nas propias competencias da consellería.

-Por outra banda, o posto de xefe de Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa, dependente da Vicesecretaría Xeral, actualmente configurado para o seu desempeño por funcionarios do grupo A, ábrese a funcionarios do grupo B, favorecendo deste xeito o acceso a un número máis amplo de funcionarios.

Segundo.-Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de outubro de dous mil nove, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa finalidade de cumprir o dito acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "20200D002P009.PDF"