DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 15 de outubro de 2009 Páx. 16.176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de outubro de dous mil nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar nos termos seguintes:

-A modificación presentada é unha modificación parcial. O Decreto 335/2009, do 11 de xuño, establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. A nova consellería asume as competencias que tiña con anterioridade a extinta Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a extinta Consellería de Traballo, polo que cómpre realizar certos reaxustes na súa relación de postos de traballo que afectan fundamentalmente aos seguintes aspectos:

a) Cambio de denominación de postos de traballo.

b) A ampliación da cobertura por máis categorías profesionais de determinados postos de traballo.

c) A adscrición a outros corpos ou escalas ou ben, o cambio de adscrición dos postos a outra Administración.

Segundo.-Ordénase a súa publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de outubro de dous mil nove, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "20200D001P008.PDF"