DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 13 de outubro de 2009 Páx. 16.051

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2009, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de limpeza de edificios, locais e moblaxe en Galicia.

O Real decreto 1368/2007, do 19 de outubro, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de limpeza de superficies e moblaxe en edificios e locais, pertencente á familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de limpeza de edificios, locais e moblaxe en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de limpeza de edificios, locais e moblaxe queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: limpeza de edificios, locais e moblaxe.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: servizos socioculturais e á comunidade.

Terceiro.-Competencia xeral.

Realizar as tarefas de limpeza e mantemento de superficies e moblaxe en edificios e locais, seleccionando as técnicas, os útiles, os produtos e as máquinas para garantir a hixienización, a conservación e o mantemento, de ser o caso, baixo a supervisión do profesional competente, cumprindo a normativa aplicable en materia de seguranza e saúde.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan deseguido:

a) Identificar o contorno, as características e as dificultades que evidencia o centro de traballo, o tipo de limpeza e os riscos na súa aplicación.

b) Reunir, tendo en conta o tipo de intervención, os útiles e os produtos de limpeza necesarios para emprender a execución.

c) Dispor os medios de protección persoais e materiais acordes cos procedementos de seguranza establecidos.

d) Aplicar as técnicas e os procedementos axeitados tendo en conta as características das superficies obxecto da limpeza.

e) Realizar as tarefas de limpeza nas condicións de seguranza establecidas, seguindo as indicacións dadas.

f) Identificar, seleccionar e clasificar os residuos para os tratar consonte a normativa ambiental.

g) Aplicar os protocolos de calidade e seguranza ambiental nas intervencións realizadas nos procesos de montaxe e mantemento das instalacións.

h) Cumprir as especificacións establecidas no plan de prevención de riscos laborais para detectar e previr os riscos asociados ao posto de traballo.

i) Participar activamente no grupo de traballo, contribuíndo ao bo desenvolvemento das relacións persoais e profesionais, para fomentar o traballo en equipo.

j) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Limpeza de superficies e moblaxe en edificios e locais, SSC319_1 (Real decreto 1368/2007), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0972_1: realizar a limpeza de chans, paredes e teitos en edificios e locais.

-UC0996_1: levar a cabo a limpeza da moblaxe situada no interior dos espazos para intervir.

-UC1087_1: realizar a limpeza de vidros en edificios e locais.

-UC1088_1: realizar a limpeza e o tratamento de superficies en edificios e locais utilizando maquinaria.

Sexto.-Contorno profesional.

1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional no sector da limpeza e hixienización de toda clase de edificios, locais, centros ou institucións sanitarias e de saúde, públicos ou privados, industrias, elementos de transporte (terrestre, aéreo e marítimo), máquinas, espazos e instalacións, soportes publicitarios e moblaxe urbana.

2. Sectores produtivos. Localízase no ámbito público e privado, en diferentes centros e instalacións e os seus respectivos equipamentos, desenvolvendo funcións de limpeza.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

-Limpador/ora.

-Peón especialista de limpeza.

-Especialista de limpeza.

-Limpador/ora de vidros.

Sétimo.-Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan deseguido:

-ME0099. Limpeza, tratamento e mantemento de chans, paredes e teitos.

-ME0100. Limpeza da moblaxe interior.

-ME0101. Limpeza de vidros.

-ME0102. Limpeza con maquinaria.

-ME0103. Formación en centros de traballo.

Oitavo.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante cerramentos.

Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2009.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Módulos específicos

1. Módulo específico: limpeza, tratamento e mantemento de chans, paredes e teitos:

-Código: ME0099.

-Duración: 93 horas.

1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

-RA1. Define e establece as tarefas de limpeza vinculadas aos tipos de intervención, tendo en conta o valor da hixiene e recoñecendo os riscos derivados da actuación, para axustala ao centro de traballo.

*CA1.1. Describíronse os tipos de residuos e lixo que se xeran e acumulan nos paramentos, chans e teitos, asociándoos aos tipos de sucidade, en relación coa súa retirada e a súa clasificación na recolla selectiva de lixo.

*CA1.2. Examináronse os tipos de limpeza atendendo ao tipo de intervención que requiren.

*CA1.3. Diferenciáronse os tipos de limpeza atendendo ao criterio de periodicidade.

*CA1.4. Nun suposto práctico de limpeza:

-Definíronse os conceptos de sucidade, limpeza desinfección e hixiene en relación coas tarefas de limpeza en función do contexto de actuación.

-Definíronse as actuacións preventivas na execución de cada procedemento de limpeza e recoñecéronse os riscos derivados da actuación.

-RA2. Identifica os materiais que revisten os paramentos, os chans e os teitos en relación coa súa limpeza.

*CA2.1. Recoñecéronse e diferenciáronse os tipos de materiais atendendo á súa consistencia, a partir da presentación de mostras: duros (terrazo, granito, mármore, etc.) e brandos (plásticos, madeira, téxtiles, etc.).

*CA2.2. Inferíronse as características físicas dos paramentos, chans e teitos e valoráronse os materiais constituíntes.

*CA2.3. Establecéronse as vantaxes e os inconvenientes que cada material comporta para a súa atención, o seu tratamento e a súa limpeza.

-RA3. Selecciona e aplica produtos de limpeza consonte as súas especificacións e comproba a súa eficacia e a súa utilidade.

*CA3.1. Identificáronse produtos de limpeza para chans, paredes e teitos para evitar que danen o medio.

*CA3.2. Clasificáronse os produtos de limpeza de acordo coas súas aplicacións e explicáronse as súas propiedades, as súas vantaxes e os modos de uso.

*CA3.3. Interpretouse a etiquetaxe e a ficha de seguranza dos produtos de limpeza e valorouse a súa utilidade e a súa necesidade.

*CA3.4. Seleccionouse o produto máis acaído segundo tarefa que se realice e xustificouse a súa escolla.

*CA3.5. Nun suposto práctico, efectuouse a manipulación e a dosificación do produto de limpeza consonte as súas aplicacións.

*CA3.6. Describíronse as condicións para a almacenaxe dos produtos tendo en conta as súas características.

-RA4. Elixe útiles de limpeza específicos para os paramentos, chans e teitos capaces de lograr o efecto de limpeza que se desexa ou se espera, determina a súa utilización e explica o xeito de os conservar en condicións de uso.

*CA4.1. Nun suposto práctico, describíronse útiles de limpeza e explicáronse as súas funcións, as normas de utilización, os riscos asociados á súa manipulación e o mantemento de uso necesario.

*CA4.2. Xustificouse a selección de útiles en función do tipo de material que se limpe, de xeito que se garanta o respecto aos procedementos de aplicación.

*CA4.3. Explicáronse os procedementos de conservación dos útiles de limpeza e valorouse a súa necesidade.

-RA5. Identifica os procedementos para limpar os materiais que revisten os paramentos, chans e teitos e determináronse os máis axeitados ao contexto e á actuación.

*CA5.1. Explicáronse as técnicas de limpeza (varredura, varredura húmida, aspiración, fregadura, desempoamento, etc.) en relación co tipo de material a que se apliquen.

*CA5.2. Elixíronse as técnicas consonte as características dos materiais que revisten os paramentos.

*CA5.3. Seleccionouse a técnica de limpeza en función da tarefa e da superficie de que se trate.

*CA5.4. Nun suposto práctico, explicáronse as pautas de actuación ante o tránsito de persoas na área de traballo e valorouse a súa seguranza.

*CA5.5. Establecéronse as funcións dos profesionais en relación coa aplicación de cada técnica de limpeza.

-RA6. Describe os pasos para acondicionar previamente os espazos que se vaian limpar, tendo en conta a colocación de obxectos, portas, ventás e aberturas para facilitar a ventilación e a preparación do contorno.

*CA6.1. Describiuse o xeito de levar a cabo a ventilación de espazos, tendo en conta a seguranza na actuación.

*CA6.2. Recoñecéronse e valoráronse os protocolos de seguranza do inmoble para realizar a ventilación e estableceuse a actuación consonte eles.

*CA6.3. Expresáronse as condicións previas establecidas polo centro de traballo referidas á apertura e ao pechamento de portas, ventás e aberturas.

*CA6.4. Nun suposto práctico de acondicionamento de espazos para limpar:

-Rexenerouse o aire do contorno de traballo abrindo portas, ventás ou calquera outra abertura nos paramentos.

-Desprazáronse os obxectos situados dentro do espazo de intervención e que interfiran a acción de varredura, aspiración ou fregadura.

-Verificouse a clausura das portas, ventá e aberturas que se alterase pola intervención.

-RA7. Define o procedemento de limpeza dos materiais que revistan os paramentos, chans e teitos, determina os útiles e os produtos para conseguir o efecto desexado, e verifica o seu logro.

*CA7.1. Identificouse o espazo de actuación para organizar unha limpeza e determinouse o procedemento e as técnicas para empregar.

*CA7.2. Valorouse a accesibilidade á parte superior de paredes e teitos para determinar as accións previas.

*CA7.3. Nun suposto práctico, verificouse unha intervención e comprobouse se se produciu a retirada de sucidade das superficies.

*CA7.4. Nun suposto práctico de limpeza de materiais que revistan os parámetros, os chans e os teitos:

-Extraeuse a información útil ou salientable para levar a cabo a limpeza tendo en conta o contexto de actuación.

-Definiuse a secuencia da tarefa e o tempo estimado de execución para lograr os resultados esperados.

-Identificouse o tipo de material que revista o paramento e seleccionouse a técnica de limpeza consonte el.

-Elixíronse os útiles e o produto, en caso necesario, evitando que sexan daniños para o ambiente.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación tendo en conta os principios básicos de seguranza.

-Mantivéronse en perfecto uso os útiles empregados e recoñeceuse a súa necesidade.

-Aplicouse a técnica, os útiles e o produto e verificouse a consecución dos resultados esperados.

1.2. Contidos básicos:

Elementos que interveñen nun proceso de limpeza:

-Limpeza, suciedade, desinfección e hixiene.

-Residuos: clasificación e tratamentos.

-Materiais que revisten os paramentos, os chans e os teitos: tipos e tratamento requirido.

-Útiles e ferramentas de limpeza: tipos e modo de utilización.

-Aparellos electromecánicos de doado manexo: aspiradores ou similares.

-Produtos de limpeza: tipos, manipulación, dosificación, almacenaxe e etiquetaxe.

Procedementos e técnicas de limpeza:

-Varredura.

-Varredura húmida.

-Aspiración.

-Fregadura.

-Desempoamento.

Organización do traballo de limpeza en edificios e locais:

-Funcións.

-Tempo.

-Espazo.

-Riscos: tipos e prevención. Equipamentos de protección individual.

-Retirada e recolla selectiva de residuos e lixo.

1.3. Orientacións pedagóxicas:

Este módulo contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar a limpeza de chans, paredes e teitos en edificios e locais.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Establecemento das tarefas de limpeza.

-Identificación dos materiais.

-Selección e aplicación dos produtos de limpeza.

-Elección de útiles específicos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permitan alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

-Determinación dos elementos que interveñen no proceso de limpeza.

-Aplicación de procedementos e técnicas de limpeza.

-Organización do traballo de limpeza.

2. Módulo específico: limpeza da moblaxe interior:

-Código: ME0100.

-Duración: 93 horas.

2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

-RA1. Determina o tipo de moblaxe situada no interior dos espazos para limpar e recoñece os materiais que a configuran.

*CA1.1. Identificáronse os materiais que configuran a moblaxe dos espazos para limpar en relación cos seus procedementos de limpeza.

*CA1.2. Recoñecéronse os tipos de residuos que se depositan na moblaxe e identificáronse as manchas que se producen e a sucidade que acumulan.

*CA1.3. Describiuse a asociación que se produce entre os materiais que constitúen a moblaxe e os requisitos para a súa limpeza.

*CA1.4. Describíronse as accións para que unha papeleira recupere as condicións hixiénicas e poida volver a ser utilizada.

-RA2. Clasifica ferramentas ou útiles de limpeza de acordo co tipo de moblaxe que se limpe.

*CA2.1. Describíronse ferramentas ou útiles de limpeza e explicáronse as súas funcións, as normas de utilización, os riscos asociados á súa manipulación e o seu mantemento de uso necesario.

*CA2.2. Xustificouse a utilización de ferramentas ou útiles en función do tipo de moblaxe que se limpe e do método de traballo.

*CA2.3. Explicáronse os procedementos de mantemento de útiles de limpeza para garantir a súa conservación.

-RA3. Selecciona produtos de limpeza consonte a moblaxe de que se trate e describe propiedades, funcións e modos de aplicación.

*CA3.1. Clasificáronse os produtos de limpeza de acordo coas súas aplicacións e explicáronse propiedades, vantaxes, inconvenientes e modos de aplicación.

*CA3.2. Identificáronse produtos de limpeza para limpar a moblaxe tendo en conta que non danen o ambiente.

*CA3.3. Interpretouse a etiquetaxe e a ficha técnica dos produtos de limpeza da moblaxe e actuouse durante a súa manipulación consonte o establecido na fábrica.

*CA3.4. Nun suposto práctico seleccionouse o produto de limpeza en función da moblaxe e xustificouse a súa escolla segundo a tarefa que se realice.

*CA3.5. Argumentáronse os beneficios da eliminación dos residuos dos produtos tóxicos atendendo á normativa de protección ambiental.

*CA3.6. Describíronse as consecuencias do consumo equilibrado de auga e enerxía tendo en conta un uso responsable.

-RA4. Determina a limpeza dunha suposta moblaxe e establece os procedementos, os útiles e os produtos en cada caso específico.

*CA4.1. Clasificáronse os procedementos de limpeza en relación coas características de cada material utilizado para a fabricación da moblaxe.

*CA4.2. Nun suposto práctico de limpeza de moblaxe:

-Extraeuse a información útil ou salientable para levar a cabo a limpeza, logo da valoración da moblaxe.

-Identificouse o tipo de material da moblaxe e seleccionouse o procedemento de limpeza axeitado.

-Determinouse a secuencia lóxica da tarefa e o tempo estimado de execución que permitan alcanzar os resultados previstos.

-Realizáronse as tarefas previas á limpeza, para preparar as condicións necesarias que permitan a execución.

-Elixiuse o útil e o produto (en caso necesario) que non danen o ambiente, consonte as instrucións de uso e dosificación.

-Recoñeceuse a incidencia da presenza de persoas na área de traballo e determinouse a actuación ante elas.

-Aplicouse o procedemento, os útiles e o produto para lograr os resultados desexados e verificouse a súa consecución.

-Mantivéronse en uso os útiles empregados.

*CA4.3. Identificáronse os riscos laborais que se poden identificar segundo as tarefas que se realicen, e previuse sobre eles.

*CA4.4. Estableceuse o xeito de inspeccionar con posterioridade o lugar sobre o cal se interviñese, para detectar restos de sucidade non retirados.

*CA4.5. Argumentáronse os beneficios da eliminación dos residuos dos produtos tóxicos atendendo á normativa de protección ambiental.

*CA4.6. Describíronse as consecuencias do consumo equilibrado de auga e enerxía tendo en conta un uso responsable.

-RA5. Estima as accións para a eliminación de residuos depositados no interior das papeleiras de xeito que se garanta a súa hixienización.

*CA5.1. Diferenciáronse as papeleiras pola súa función e polo seu contido en relación coa actuación que sobre elas se vaia levar a cabo.

*CA5.2. Determinouse a maneira de retirar os residuos e de limpar posteriormente o recipiente.

*CA5.3. Nun suposto práctico de eliminación de residuos:

-Determináronse as precaucións para a manipulación da bolsa con garantía de seguranza do persoal.

-Retiráronse os residuos da papeleira garantindo a hixienización desta.

-Repúxose a bolsa, de ser o caso, e verificouse a súa colocación.

-Controlouse o estado posterior da papeleira e comprobouse que quede lista para a súa utilización.

-RA6. Describe o proceso de hixienización e desinfección dos aseos e determina os procedementos, os útiles e os produtos que se utilizan.

*CA6.1. Sinalouse a importancia da hixienización e a desinfección dos aseos como procedemento para salvagardar a sanidade pública tendo en conta o óptimo aproveitamento da auga.

*CA6.2. Elaborouse un documento que compare os produtos específicos para a limpeza dos aseos en función das súas características e as súas utilidades.

*CA6.3. Estableceuse o tempo e os medios de seguranza que cumpra seguir para empregar os produtos de limpeza.

*CA6.4. Recoñecéronse os dispensadores dos aseos e comprobouse o seu funcionamento.

*CA6.5. Nun suposto práctico, adaptáronse as técnicas de limpeza e os utensilios a cada elemento integrado na limpeza dun aseo.

*CA6.6. Nun suposto práctico de hixienización e desinfección de aseos:

-Determinouse a secuencia lóxica da tarefa e o tempo estimado de execución de maneira que se garanta a consecución dos resultados esperados.

-Realizáronse as tarefas previas (ventilación, eliminación de residuos sólidos no contorno, etc.), para permitir a posterior limpeza.

-Elixiuse o útil exclusivo para cada tipo de sanitario e produto tendo en conta que non dane o ambiente.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación consonte os principios básicos de seguranza.

-Aplicáronse nos sanitarios produtos desinfectantes con garantía de que actúen no tempo estimado pola fábrica e utilizando os útiles exclusivos para cada tipo de sanitario.

*CA6.7. Nun suposto práctico de limpeza de aseos:

-Seleccionáronse axeitadamente os procedementos, os útiles e os produtos para limpar accesorios, espellos e paramentos.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación, tendo en conta os principios básicos de seguranza.

-Leváronse a cabo os procedementos e a aplicación dos útiles e produtos para limpar accesorios, espellos e paramentos de xeito que se garanta a súa hixienización.

-Revisáronse e repuxéronse os dispensadores do papel hixiénico, papel de mans, xabón e outro tipo de material.

-Fregouse o chan aplicando o produto axeitado para a súa hixiene e desinfección.

-Mantivéronse en perfecto uso os útiles empregados.

-Formalizáronse as follas de rexistro de tarefas.

*CA6.8. Identificáronse os riscos laborais nas tarefas que se realizan, así como a súa prevención, atendendo ás normas que rexen nese lugar e para esa intervención, e recoñecéronse os criterios que permitan a valoración da hixiene e a desinfección dos aseos.

2.2. Contidos básicos:

Limpeza da moblaxe:

-Tipos de moblaxe.

-Procedementos de limpeza.

-Limpeza de aseos: procedementos de hixienización e desinfección.

-Follas de rexistro de tarefas.

Material consumible no ámbito da limpeza de moblaxe:

-Ferramentas ou útiles de limpeza.

-Máquinas e útiles de limpeza.

-Equipamentos de protección individual.

-Produtos de limpeza de moblaxe: manipulación, dosificación e almacenaxe.

Técnicas para limpar a moblaxe:

-Organización do traballo.

-Funcións.

-Tempo.

-Espazo.

2.3. Orientacións pedagóxicas:

Este módulo contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar a limpeza de chans, paredes e teitos en edificios e locais.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Determinación do tipo de moblaxe e selección dos útiles de limpeza que se utilizan.

-Eliminación de residuos nas papeleiras e hixienización destas.

-Limpeza, hixienización e desinfección de aseos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permitan alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

-Limpeza da moblaxe.

-Uso e racionalización do consumo de produtos de limpeza.

-Realización de técnicas de limpeza de moblaxe.

3. Módulo específico: limpeza de vidros:

-Código: ME0101.

-Duración: 47 horas.

3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

-RA1. Identifica e explica as características dos tipos de superficies envidradas en relación coa súa limpeza.

*CA1.1. Recoñecéronse as condicións especiais de risco, desde o punto de vista da altura, e determináronse actuacións para a súa prevención.

*CA1.2. Describíronse os tipos de manchas ou residuos que se xeran e se acumulan nos vidros, en relación cos procedementos, os útiles, os accesorios e os produtos que se requiran para a súa limpeza.

*CA1.3. Expuxéronse as vantaxes e os inconvenientes que comporta cada tipo de superficie envidrada para a súa atención e limpeza.

*CA1.4. Xustificouse a utilización de máquinas ou útiles en función do tipo de vidro, a colocación (interior ou exterior) e o método de traballo.

*CA1.5. Nun suposto práctico relativo a superficies envidradas:

-Determináronse as características da superficie, as dificultades de acceso e o risco do contorno e seleccionáronse produtos, máquinas e útiles acaídos.

-Retirouse a moblaxe da área de traballo e explicouse a recolocación.

*CA1.6. Recoñecéronse as ferramentas para eliminar restos de pintura e residuos, e determináronse os casos en que cumpre a súa utilización.

-RA2. Selecciona e describe o equipamento en función das súas aplicacións (máquinas, accesorios, útiles e produtos de limpeza de vidros) e comprobouse a súa eficacia e a súa utilidade.

*CA2.1. Describíronse máquinas ou útiles de limpeza e explicáronse as súas funcións, as normas de uso, os riscos asociados á súa manipulación, a revisión visual e a limpeza.

*CA2.2. Recoñecéronse produtos de limpeza de vidros tendo en conta que non danen o ambiente.

*CA2.3. Clasificáronse os produtos de limpeza en función das súas aplicacións e explicáronse as súas propiedades, as súas vantaxes e os modos de utilización.

*CA2.4. Nun suposto práctico relativo a produtos de limpeza de vidros:

-Explicouse a etiquetaxe e a ficha de seguranza dos produtos de limpeza de maneira que se garanta a súa interpretación.

-Seleccionouse o produto segundo a tarefa que se realice, e xustificouse a súa escolla.

-Efectuouse a manipulación e a dosificación do produto de limpeza de acordo coas súas aplicacións.

*CA2.5. Explicáronse os procedementos de conservación e mantemento do equipamento necesario para a limpeza de vidros, de xeito que se garanta a súa dispoñibilidade de uso no momento necesario.

*CA2.6. Describíronse as condicións para a almacenaxe de útiles, máquinas, accesorios e produtos de limpeza, tendo en conta as súas características e a normativa en materia de seguranza.

*CA2.7. Argumentáronse os beneficios da eliminación dos residuos dos produtos tóxicos atendendo á normativa de protección ambiental.

*CA2.8. Describíronse as consecuencias do consumo equilibrado de auga e enerxía tendo en conta un uso responsable.

-RA3. Determina os procedementos de limpeza de vidros e contrasta a súa especificidade.

-CA3.1. Describíronse os métodos de limpeza de vidros interiores e exteriores seguindo criterios de transparencia.

*CA3.2. Clasificáronse os procedementos de limpeza de acordo coas características das superficies envidradas e cos protocolos de seguranza do inmoble.

*CA3.3. Nun suposto práctico, elixiuse o procedemento de limpeza segundo o tipo de vidro, o risco, a localización e os protocolos de seguranza, e xustificouse a escolla.

-RA4. Determinouse e realizouse a limpeza de vidros, establecendo os métodos, o equipamento e os produtos en función do rendemento esperado.

*CA4.1. Nun suposto práctico de limpeza de vidros:

-Extraeuse a información salientable para levar a cabo a limpeza de vidros marcando a secuencia da tarefa e o tempo estimado de execución.

-Escolleuse o equipamento para levar a cabo o procedemento de limpeza previamente determinado, con produtos que non danen o ambiente.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e a dosificación da fábrica.

-Aplicouse o procedemento utilizando máquinas, accesorios, útiles e produtos consonte a normativa de seguranza.

*CA4.2. Describiuse a forma de revisar o vidro para detectar e identificar restos de sucidade que puideren quedar despois da limpeza e explicouse o procedemento para corrixir erros na operación.

*CA4.3. Identificáronse riscos laborais nas tarefas de limpeza de vidros, consonte os procedementos de prevención.

3.2. Contidos básicos:

Equipamento e técnicas de limpeza de vidros de edificios e locais:

-Superficies envidradas: tipos e características dos vidros.

-Tipos de sucidade.

-Técnicas: interior e exterior; limpeza de vidros especiais.

-Equipamento: máquinas, accesorios, útiles, produtos e revisión do material.

Organización do traballo no relativo á actividade de limpeza de vidros de edificios e locais:

-Funcións.

-Tempo.

-Espazo.

-Prevención de riscos e protocolos de seguranza. Equipamentos de protección individual.

3.3. Orientacións pedagóxicas:

Este módulo contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar a limpeza de chans, paredes e teitos en edificios e locais.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación dos tipos de superficies envidradas.

-Descrición do equipamento específico de limpeza de vidros.

-Procedementos de limpeza de vidros.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permitan alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

-Técnicas de limpeza de vidros e selección do equipamento preciso.

-Organización do traballo de limpeza de vidros.

4. Módulo específico: limpeza con maquinaria:

-Código: ME0102.

-Duración: 187 horas.

4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

-RA1. Identifica e selecciona as máquinas, os accesorios e os produtos de limpeza e tratamento de superficies en función dos procedementos de limpeza e do tratamento dos materiais que revistan as superficies.

*CA1.1. Enunciáronse os conceptos de sucidade, limpeza, desinfección e hixiene previos á diferenciación de accións con máquinas e identificáronse os tipos de sucidade que se xeran e se acumulan segundo o tipo de materiais que revistan as superficies, dando orixe a intervencións diferenciadas.

*CA1.2. Identificáronse as características físicas e a natureza dos materiais constituíntes das superficies para determinar o seu tratamento e a súa limpeza.

*CA1.3. Explicáronse os procedementos de limpeza e tratamento de chans (varredura, fregadura, decapaxe, enceramento, abrillantamento-cristalización, aspiración, peiteamento, etc.) en relación cos tipos de superficie en que se apliquen.

*CA1.4. Describíronse máquinas, accesorios e útiles de limpeza, e recoñecéronse as súas funcións, as normas de utilización, o proceso de aplicación e os riscos específicos provenientes do uso de cada máquina.

*CA1.5. Nun suposto práctico de limpeza de superficie con maquinaria:

-Valorouse a presenza de persoas na zona de traballo do profesional e determinouse a actuación en función da situación.

-Seleccionouse a máquina para utilizar en función da tarefa que se desenvolva.

*CA1.6. Nun suposto práctico de selección e aplicación de produtos de limpeza:

-Identificáronse produtos de limpeza para chans e moblaxe téxtil tendo en conta que non danen o ambiente.

-Clasificáronse os produtos de limpeza de acordo coas súas aplicacións e explicáronse as propiedades, as vantaxes e os modos de utilización.

-Interpretouse a etiquetaxe e a ficha de seguranza dos produtos de limpeza e describiuse a actuación axeitada.

-Seleccionouse o produto para utilizar segundo o tipo de superficie e de sucidade e xustificouse a súa escolla.

-Manipulouse e dosificouse o produto de limpeza de acordo coas súas aplicacións, para obter o resultado esperado.

*CA1.7. Describíronse as condicións para a almacenaxe dos produtos de limpeza tendo en conta as súas características.

*CA1.8. Recoñecéronse os riscos derivados da limpeza con máquinas e determinouse a actuación para os previr e para identificar os equipamentos de protección individual.

-RA2: Identifica, selecciona e manexa os tipos de vasoiras para a limpeza de chans en función das superficies que se limpen.

*CA2.1. Describíronse os tipos de vasoiras, accesorios e útiles de limpeza e sinaláronse as súas posibilidades, o xeito de utilización e o proceso de aplicación.

*CA2.2. Sinaláronse os riscos específicos asociados ao uso dunha vasoira e indicouse o xeito de os previr.

*CA2.3. Comparáronse os tipos de vasoiras e analizáronse as vantaxes e os inconvenientes de cada unha en función do tipo de superficie e do espazo que se limpe.

*CA2.4. Enunciáronse os pasos para a revisión e a verificación do estado dunha máquina varredora.

*CA2.5. Nun suposto práctico de limpeza con vasoiras:

-Identificáronse as características físicas dos materiais constituíntes da superficie que se limpe para seleccionar a vasoira axeitada en función da tarefa que se desenvolva.

-Manexouse a máquina seguindo as indicacións da fábrica.

-RA3. Identifica e manexa a máquina fregadora, os accesorios e os útiles para a limpeza e o tratamento de cada superficie en función das accións que se desenvolvan.

*CA3.1. Describíronse fregadoras, accesorios e útiles de limpeza, e recoñecéronse as súas funcións, as normas de utilización e o proceso de aplicación.

*CA3.2. Examináronse as máquinas fregadoras para analizar as vantaxes e os inconvenientes de cada unha en función do tipo de superficie, dos soportes e dos sistemas de colocación dos materiais que poden determinar o procedemento para realizar a limpeza do espazo.

*CA3.3. Recoñecéronse os riscos que ocasiona o uso de maquinas fregadoras e sinalouse o xeito de os previr.

*CA3.4. Enunciáronse os pasos para a supervisión e a verificación do estado da máquina fregadora antes da súa utilización.

*CA3.5. Nun suposto práctico, utilizando maquinaria:

-Analizáronse as características físicas dos materiais constituíntes da superficie que se limpe, para seleccionar a máquina fregadora, os accesorios e os útiles necesarios en función da tarefa que se desenvolva.

-Delimitouse o perímetro de chan para evitar caídas ou accidentes.

-Verificáronse os resultados obtidos despois do manexo da máquina.

-RA4. Analiza e aplica o procedemento de decapaxe para eliminar os restos de cera ou a sucidade excesiva do chan.

*CA4.1. Explicouse o procedemento de decapaxe considerando os restos de produtos e de sucidade adherida á superficie.

*CA4.2. Seleccionáronse os produtos de limpeza e efectuouse a manipulación e a dosificación dos produtos de limpeza de acordo coas súas aplicacións, para obter o resultado esperado, interpretando a etiquetaxe e a ficha de seguranza fornecida polo fabricante do produto.

*CA4.3. Describíronse máquinas, accesorios e útiles para realizar a decapaxe e evidenciáronse as súas utilidades e o seu uso.

*CA4.4. Valoráronse os potenciais riscos derivados do uso de produtos decapantes e de máquinas que realizan esa función e indicouse o xeito de os previr.

*CA4.5. Nun suposto práctico de limpeza de chan con maquinaria utilizando os EPI correspondentes:

-Determinouse e delimitouse o perímetro de chan para evitar caídas ou accidentes.

-Escolleuse a maquinaria, os accesorios e os produtos e xustificouse a súa selección.

-Realizouse a decapaxe garantindo os resultados esperados.

-Realizáronse as tarefas para manter a máquina en condicións de ser utilizada con posterioridade.

-RA5. Describe o procedemento de enceramento para protexer e abrillantar o chan con garantía dos resultados esperados.

*CA5.1. Definiuse o procedemento do enceramento cunha secuencia lóxica de pasos.

*CA5.2. Recoñeceuse o estado do chan para verificar se require selaxe previa.

*CA5.3. Nun suposto práctico de enceramento do chan:

-Delimitouse o perímetro de chan para evitar caídas ou accidentes.

-Identificáronse as características físicas dos materiais constituíntes da superficie.

-Seleccionáronse os útiles, as máquinas e os accesorios que interveñen na preparación e a aplicación da técnica, e xustificouse a escolla.

-Determináronse os produtos de limpeza e manipuláronse e dosificáronse en función das súas aplicacións, da información da etiquetaxe e da ficha de seguranza.

*CA5.4. Argumentáronse os beneficios da eliminación dos residuos dos produtos tóxicos atendendo á normativa de protección ambiental.

*CA5.5. Describíronse as consecuencias do consumo equilibrado de auga e enerxía, tendo en conta un uso responsable.

-RA6. Selecciona e aplica o procedemento de abrillantamento e cristalización do chan atendendo aos resultados esperados despois da consecución do traballo.

*CA6.1. Identificáronse as máquinas, os accesorios, os útiles e os produtos para abrillantar-cristalizar en relación co tipo de chan en que se apliquen.

*CA6.2. Explicouse o procedemento de abrillantamento-cristalización do chan que garanta a consecución dos resultados previstos.

*CA6.3. Describíronse os tipos de máquinas, accesorios e útiles de limpeza para o abrillantamento-cristalización do chan e recoñecéronse as súas funcións, as normas de uso e os riscos asociados á súa manipulación.

*CA6.4. Nun suposto práctico de abrillantamento-cristalización de chan:

-Seleccionáronse útiles, produtos, accesorios e máquinas acordes coa superficie.

-Delimitouse o perímetro para levar a cabo a aplicación da máquina.

-Efectuouse o seguimento, a supervisión e a limpeza da máquina e dos accesorios como acción previa á súa almacenaxe.

-RA7. Determina procedementos de limpeza e protección de superficies e moblaxe, para o que selecciona máquinas, útiles e produtos.

*CA7.1. Sinaláronse os procedementos de limpeza de superficies téxtiles e xustificouse a selección.

*CA7.2. Recoñecéronse as máquinas, as ferramentas e os produtos que se utilizan en moblaxe e superficies téxtiles, e explicáronse as súas posibilidades de limpeza segundo a aplicación.

*CA7.3. Nun suposto práctico de limpeza e protección de superficies e moblaxe téxtiles:

-Extraeuse a información salientable que permita seleccionar o procedemento de limpeza acorde coa superficie.

-Describiuse o proceso de aplicación e os criterios de escolla da máquina, os accesorios, os útiles e os produtos acaídos.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación tendo en conta os principios básicos de seguranza.

-Manexouse a máquina con precisión e controlouse o seu funcionamento cos produtos e os materiais que requira.

-Mantivéronse en perfecto uso as máquinas, os accesorios e os útiles empregados, para garantir a súa utilización cando se requira.

*CA7.4. Indicouse a forma de valorar os resultados obtidos despois da execución do traballo, e determinouse o modo e as circunstancias en que cumpra corrixir erros.

*CA7.5. Argumentáronse os beneficios da eliminación dos residuos dos produtos tóxicos atendendo á normativa de protección ambiental.

*CA7.6. Describíronse as consecuencias do consumo equilibrado de auga e enerxía tendo en conta un uso responsable.

-RA8. Describe as tarefas de revisión das máquinas de limpeza para garantir o seu funcionamento de acordo coas súas características técnicas.

*CA8.1. Explicáronse as operacións de revisión visual e limpeza que requira cada tipo de máquina, de acordo co programa establecido.

*CA8.2. Explicáronse as vantaxes de pór en práctica un plan de mantemento preventivo, de seguimento e supervisión da maquinaria, e estableceuse o xeito de desenvolvelo.

*CA8.3. Enunciáronse as tarefas para manterse en perfecto uso de operación.

4.2. Contidos básicos:

Organización dos traballos de limpeza con maquinaria:

-Organización e rendemento con máquinas de limpeza.

-Procedemento.

-Tempos.

-Espazos.

Maquinaria de limpeza:

-Intervencións.

-Tipos: vasoira, fregadora, aspiradores, rotativas e máquinas para moquetas, hidrolimpadora, máquina de inxección/extracción, etc.

-Compoñentes e accesorios para a utilización.

-Revisión visual e limpeza de máquina e accesorios.

-Seguimento e almacenaxe da maquinaria.

Limpeza e tratamento de chans:

-Tipos: duros (terrazo, granito, mármore, etc.) e brandos (plásticos, madeira, téxtiles, etc.).

-Tratamentos de chans cristalizables (decapaxe e cristalización), plásticos (decapaxe, lustre e mantemento) e téxtiles (aspiración e lavado).

Tratamentos de limpeza con maquinaria:

-Útiles ou ferramentas de limpeza para superficies.

-Produtos de limpeza: manipulación, dosificación e almacenaxe.

Prevención de riscos na utilización de maquinaria de limpeza:

-Lei de riscos laborais. Medidas de prevención. Equipamentos de protección individual.

-Protección ambiental.

4.3. Orientacións pedagóxicas:

Este módulo contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar a limpeza de chans, paredes e teitos en edificios e locais.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación e selección da maquinaria de limpeza.

-Aplicación de procedementos de decapaxe.

-Enceramento e abrillantamento de superficies.

-Mantemento básico da maquinaria de limpeza.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permitan alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

-Organización do traballo de limpeza con maquinaria.

-Uso da maquinaria de limpeza.

-Respecto polas normas de seguranza e saúde no uso de maquinaria de limpeza.

5. Módulo específico: formación en centros de traballo:

-Código: ME0103.

-Duración: 160 horas.

5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

-RA1. Limpa os chans, as paredes e os teitos en edificios e locais consonte as especificacións recibidas.

*CA1.1. Definíronse os conceptos de sucidade, limpeza, desinfección e hixiene en relación coas tarefas de limpeza e co contexto de actuación.

*CA1.2. Definíronse as actuacións preventivas na execución de cada procedemento de limpeza, tendo en conta os riscos derivados da actuación.

*CA1.3. Efectuouse a manipulación e a dosificación do produto de limpeza de acordo coas súas aplicacións.

*CA1.4. Describíronse útiles de limpeza e explicáronse as súas funcións, as normas de utilización, os riscos asociados á súa manipulación e o mantemento de uso necesario.

*CA1.5. Explicáronse as pautas de actuación ante o tránsito de persoas na área de traballo, e valorouse a súa seguranza.

*CA1.6. Rexenerouse o aire do contorno de traballo abrindo portas, ventás ou calquera outra abertura nos paramentos.

*CA1.7. Desprazáronse os obxectos situados dentro do espazo de intervención e que interfiran a acción de varredura, aspiración e fregadura.

*CA1.8. Verificouse a clausura de portas, ventás e aberturas que se alterasen pola intervención.

*CA1.9. Verificouse unha intervención coa comprobación de que se retirase a sucidade das superficies.

*CA1.10. Extraeuse a información útil ou salientable para levar a cabo a limpeza tendo en conta o contexto de actuación.

*CA1.11. Definiuse a secuencia da tarefa e o tempo estimado de execución para lograr os resultados esperados.

*CA1.12. Identificouse o tipo de material que reviste o paramento para adecuar a el a técnica de limpeza.

*CA1.13. Escolleuse o útil e o produto, en caso necesario, evitando que dane o medio.

*CA1.14. Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación tendo en conta os principios básicos de seguranza.

*CA1.15. Mantivéronse en perfecto uso os útiles empregados.

-RA2. Realiza a limpeza de moblaxe de interior seguindo as indicacións recibidas.

*CA2.1. Describíronse ferramentas e útiles de limpeza e explicáronse as funcións, as normas de uso, os riscos asociados á súa manipulación e o mantemento de uso necesario.

*CA2.2. Nun suposto práctico, seleccionouse o produto de limpeza en función da moblaxe e xustificouse a súa escolla segundo a tarefa que se realice.

*CA2.3. Nun suposto de limpeza de moblaxe:

-Extraeuse a información útil ou salientable para levar a cabo a limpeza, logo da valoración da moblaxe.

-Identificouse o tipo de material de que se compón a moblaxe e seleccionouse o procedemento de limpeza axeitado.

-Determinouse a secuencia lóxica da tarefa e o tempo estimado de execución que permitan alcanzar os resultados previstos.

-Realizáronse as tarefas previas á limpeza.

-Elixiuse o útil e o produto (en caso necesario) que non dane o ambiente, e preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación.

-Recoñeceuse a incidencia que ten a presenza de persoas na área de traballo e determinouse a actuación ante elas.

-Aplicouse o procedemento, os útiles e o produto para lograr os resultados desexados e verificouse a súa consecución.

-Mantivéronse en uso os útiles empregados.

*CA2.4. Nun suposto de eliminación de residuos:

-Determináronse as precaucións na manipulación da bolsa para garantir a seguranza do persoal.

-Retiráronse os residuos da papeleira para garantir a súa hixienización.

-Repúxose a bolsa, de ser o caso, e verificouse a súa colocación.

-Controlouse o estado posterior da papeleira, de xeito que quede lista para o seu uso.

*CA2.5. Adecuáronse as técnicas de limpeza e os utensilios aos elementos que se integran na limpeza dun aseo.

*CA2.6. Nun suposto de hixienización e desinfección de aseos:

-Determinouse a secuencia lóxica da tarefa e o tempo estimado de execución, con garantía da consecución dos resultados esperados.

-Realizáronse as tarefas previas que permitan a posterior limpeza (ventilación, eliminación de residuos sólidos no contorno, etc.).

-Elixíronse os útiles exclusivos para cada tipo de sanitario e de produto que non danen o ambiente.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación, tendo en conta os principios básicos de seguranza.

-Aplicáronse nos sanitarios produtos desinfectantes que actúen segundo o tempo estimado pola fábrica, utilizando os útiles exclusivos para cada tipo de sanitario.

*CA2.7. Nun suposto de limpeza de aseos:

-Seleccionáronse adecuadamente os procedementos, os útiles e os produtos para limpar os accesorios, os espellos e os paramentos.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación tendo en conta os principios básicos de seguranza.

-Leváronse a cabo os procedementos e a aplicación dos útiles e os produtos para limpar os accesorios, espellos e paramentos con garantía da súa hixienización.

-Revisáronse e repuxéronse os dispensadores do papel hixiénico, papel de mans, xabón e outro tipo de material de xeito que se permita o seu uso posterior.

-Fregouse o chan aplicando o produto axeitado para a súa hixiene e desinfección.

-Mantivéronse en perfecto uso os útiles empregados.

-Formalizáronse as follas de rexistro de tarefas.

-RA3. Limpa vidros en edificios e locais seguindo as indicacións recibidas.

*CA3.1. Nun suposto de superficies envidradas:

-Determináronse as características da superficie envidrada, as dificultades de acceso e o risco do contorno e seleccionáronse os produtos, as máquinas e os útiles axeitados.

-Retirouse a moblaxe da área de traballo e explicouse a súa recolocación.

*CA3.2. Nun suposto de limpeza de vidros:

-Explicouse adecuadamente a etiquetaxe e a ficha de seguranza dos produtos de limpeza.

-Xustificouse a selección do produto en función da tarefa.

-Efectuouse a manipulación e a dosificación do produto de limpeza de acordo coas súas aplicacións.

*CA3.3. Elixiuse xustificadamente o procedemento de limpeza segundo tipo de vidro, o risco, a colocación e os protocolos de seguranza.

*CA3.4. Nun suposto de limpeza de vidros:

-Extraeuse a información salientable para levar a cabo a limpeza de vidros, e marcouse a secuencia da tarefa e o tempo estimado de execución.

-Elixiuse o equipamento para levar a cabo o procedemento de limpeza previamente determinado, de maneira que non se dane o ambiente.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación da fábrica.

-Aplicouse o procedemento utilizando máquinas, accesorios, útiles e produtos, consonte a normativa de seguranza.

-RA4. Utiliza maquinaria para realizar a limpeza e o tratamento de superficies en edificios e locais.

*CA4.1. Nun suposto de selección e aplicación de produtos de limpeza:

-Identificáronse produtos de limpeza para chans e moblaxe téxtil tendo en conta que non danen o ambiente.

-Clasificáronse os produtos de limpeza de acordo coas súas aplicacións e explicáronse as propiedades, as vantaxes e os modos de utilización.

-Interpretouse a etiquetaxe e a ficha de seguranza dos produtos de limpeza e describiuse a actuación acorde.

-Xustificouse a selección do produto segundo o tipo de superficie e de sucidade.

-Manipulouse e dosificouse o produto de limpeza de acordo coas súas aplicacións para obter o resultado esperado.

*CA4.2. Describíronse as condicións para a almacenaxe dos produtos de limpeza tendo en conta as súas características.

*CA4.3. Nun suposto de limpeza con vasoiras:

-Identificáronse as características físicas dos materiais constituíntes da superficie para seleccionar a vasoira axeitada á tarefa que se desenvolva.

-Manexouse a máquina seguindo as indicacións de fábrica.

*CA4.4. Nun suposto utilizando maquinaria:

-Analizáronse as características físicas dos materiais constituíntes da superficie para seleccionar a máquina fregadora, os accesorios e os útiles necesarios segundo a tarefa que se desenvolva.

-Delimitouse o perímetro de chan para evitar caídas ou accidentes.

-Verificáronse os resultados obtidos despois do manexo da máquina.

*CA4.5. Nun suposto de limpeza de chan con maquinaria utilizando os EPI correspondentes:

-Determinouse e delimitouse o perímetro de chan para evitar caídas ou accidentes.

-Elixiuse a maquinaria, os accesorios e os produtos e xustificouse a súa selección.

-Realizouse a decapaxe con garantía dos resultados esperados.

-Realizáronse as tarefas para manter a máquina en condicións de ser usada con posterioridade.

*CA4.5. Nun suposto do enceramento do chan:

-Delimitouse o perímetro de chan para evitar caídas ou accidentes.

-Identificáronse as características físicas dos materiais constituíntes da superficie.

-Seleccionáronse os útiles, as máquinas e os accesorios que interveñen na execución das operacións de preparación e aplicación da técnica e xustificouse a súa escolla.

-Determináronse os produtos de limpeza e manipuláronse e dosificáronse consonte as súas aplicacións para obter o resultado esperado de acordo coa etiquetaxe e a ficha de seguranza.

*CA4.6. Nun suposto de procedemento de abrillantamento-cristalización de chan:

-Seleccionáronse útiles, produtos, accesorios e máquinas axeitados para a superficie.

-Delimitouse o perímetro que permita levar a cabo a aplicación da máquina.

-Efectuouse o seguimento, a supervisión e a limpeza da máquina e dos accesorios, como acción previa á súa almacenaxe.

*CA4.7. Nun suposto de procedemento de limpeza e protección de superficies e moblaxe téxtiles:

-Extraeuse a información salientable que permita seleccionar o procedemento de limpeza acaído para a superficie.

-Describiuse o proceso de aplicación e elixiuse a máquina, os accesorios, os útiles e os produtos axeitados.

-Preparouse o produto seguindo as instrucións de uso e dosificación, tendo en conta os principios básicos de seguranza.

-Manexouse a máquina con precisión e controlouse o seu funcionamento e os produtos ou materiais que require.

-Mantivéronse en perfecto uso as máquinas, os accesorios e os útiles empregados.

-RA5. Actúa responsablemente e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

*CA5.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

*CA5.2. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e comunicouse eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.

*CA5.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas e rematouse a tarefa no tempo asignado.

*CA5.4. Amosouse unha actitude de respecto polos procedementos e as técnicas establecidas.

*CA5.5. Coordinouse a actividade co resto do persoal e informouse das incidencias.

*CA5.6. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, realizáronse os descansos instituídos e non se abandonou o centro de traballo antes do tempo establecido sen motivo xustificado.

Ver referencia pdf "20000D001P007.PDF"

Ver referencia pdf "20000D002P021.PDF"

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO

E INFRAESTRUTURAS