DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 09 de outubro de 2009 Páx. 16.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2009 pola que se convoca un curso sobre psicoloxía aplicada á violencia de xénero e entrada policial en lugares pechados.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Vigo, anúnciase a convocatoria dun curso sobre psicoloxía aplicada á violencia de xénero e entrada policial en lugares pechados, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Datos da actividade.

Denominación:

Psicoloxía aplicada á violencia de xénero e entrada policial en lugares pechados.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

-Reflexionar sobre a violencia de xénero.

-Coñecer as cuestións xerais sobre comunicación humana. Afondar nese coñecemento no referido á acción policial en situacións críticas, atendendo aos obxectivos da intervención e aos implicados nela.

-Coñecer as características psicolóxicas das situacións críticas e da comunicación nelas.

-Coñecer enfoques e técnicas psicolóxicas útiles na intervención policial en violencia de xénero.

-Coñecer a importancia e posibilidade da autorregulación emocional.

-Información sobre desgaste profesional e a súa prevención.

Contido:

-As situacións críticas: individuais, grupais e colectivas. Características psicolóxicas e dinámica.

-Comunicación humana: tipos e habilidades de comunicación. Relación coas actitudes e emocións. Comunicación en situacións críticas.

-Conceptualización da violencia de xénero. Teorías explicativas. Mitos. Tipos.

-Agresor e vítima.

-Violencia de xénero e intervención policial: aspectos psicolóxicos.

-Primeiros auxilios psicolóxicos.

-Autocontrol emocional.

-Estrés e desgaste profesional en policía.

-Réxime xurídico das entradas en lugares pechados.

-Operativa de aproximación e entrada en lugares pechados.

Segunda.-Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal do corpo de policía local, funcionarios de carreira, do Concello de Vigo, que participaron no anterior curso de actualización en materia de violencia sexista, para os que se reservan 12 prazas, o resto (8 prazas) cubrirase con solicitantes doutros corpos de policía local que cumpran os mesmos requisitos, e terán preferencia os dos concellos próximos a Vigo.

Prazas ofertadas: 20.

Terceira.-Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación:

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 2 de novembro de 2009.

Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello de Vigo deberán facer a súa solicitude a través da Academia de Formación de Policía Local do Concello de Vigo.

Os solicitantes que non pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello de Vigo cubrirán a solicitude de participación que se encontra na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es, na epígrafe Actividades formativas, cursos con inscrición aberta, non sendo admisibles outros modelos de solicitude, e remitirana telematicamente.

Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberán imprimila, asinala o/a solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade do concello de que dependa, enviándoa á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n 36680 A Estrada, a través do fax 886 20 61 22, por correo postal ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Selección e obrigas das persoas seleccionadas:

Os membros do corpo da Policía Local do Concello de Vigo serán seleccionados pola Xefatura da Policía Local do Concello de Vigo, e aos restantes seranlles de aplicación os criterios do proceso de selección dos cursos da Agasp previstos no artigo 20 do Regulamento de réxime interior da Agasp (Orde do 4 de febreiro de 2009. DOG nº 30, do 12 de febreiro), en relación co artigo 45 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.

As persoas seleccionadas pola Agasp, teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico no enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día 4 de novembro de 2009 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no taboleiro de anuncios e no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas.

Cuarta.-Desenvolvemento da actividade.

Lugar:

Aula de formación da Policía Local do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n.

Horario: das 16.30 ás 20.30 horas.

Data de comezo: 9 de novembro de 2009.

Data de remate: 13 de novembro de 2009.

Certificado de asistencia:

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este.

Quinta.-Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro, esta actividade terá unha baremación de 0,300 puntos.

Sexta.-Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro).

Sétima.-Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como o Concello de Vigo poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 1 de outubro de 2009.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública