DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 09 de outubro de 2009 Páx. 16.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2009 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 1 de abril de 2009 de subvencións ás entidades de conservación, protección e promoción do Camiño de Santiago para o ano 2009.

En cumprimento do disposto nos artigos 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 9 da Orde do 1 de abril de 2009, de subvencións ás entidades de conservación, protección e promoción do Camiño de Santiago, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2009.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto promocionar e incentivar ás entidades que realicen actividades de conservación, protección, promoción, investigación ou calquera outra que repercuta directa ou indirectamente nos camiños de Santiago en Galicia.

Norma reguladora: Orde do 1 de abril de 2009 de subvencións ás entidades de conservación, protección e promoción do Camiño de Santiago para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 68, do 8 de abril).

Crédito orzamentario: 149.723,20 euros (cento corenta e nove mil setecentos vinte e tres con vinte euros) na aplicación orzamentaria 12.03.433A-481.O dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Beneficiarios da subvención e importe desta: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2009.

P.D. (Orde 2-5-2009)

Antonio Fernández-Campa García- Bernardo

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Turismo

Ver referencia pdf "19900D006P029.PDF"