DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 09 de outubro de 2009 Páx. 15.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 392/2009, do 1 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

O Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, establece no seu anexo IX que, conforme o previsto no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, no artigo 2.7º deste real decreto e demais disposicións que resulten de aplicación, os servizos públicos de saúde reclamarán aos terceiros obrigados ao pagamento o importe das atencións ou prestacións sanitarias facilitadas directamente ás persoas, incluído o transporte sanitario, a atención de urxencia, a atención especializada, a atención primaria, a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica, as prestacións con produtos dietéticos e a rehabilitación, nos seguintes supostos:

1. Asegurados ou beneficiarios do sistema de Seguridade Social pertencentes á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Mutualidade Xeral Xudicial ou ao Instituto Social das Forzas Armadas, que non fosen adscritos, a través do procedemento establecido, a recibir asistencia sanitaria do Sistema Nacional de Saúde.

2. Asegurados ou beneficiarios de empresas colaboradoras na asistencia sanitaria do Sistema de Seguridade Social, naquelas prestacións cuxa atención corresponda á empresa colaboradora conforme o convenio ou concerto subscrito.

3. Accidentes de traballo ou enfermidades profesionais a cargo das mutuas de accidentes de traballo, do Instituto Nacional da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña.

4. Seguros obrigatorios.

5. Convenios ou concertos con outros organismos ou entidades.

6. Cidadáns estranxeiros, nos supostos previstos.

7. Outros obrigados ao pagamento.

a) Accidentes acaecidos con ocasión de eventos festivos, actividades recreativas e espectáculos públicos en caso de que se subscribise contrato de seguro de accidentes ou de responsabilidade civil que cubra as continxencias derivadas destas actividades.

b) Seguro escolar.

c) Calquera outro suposto en que, en virtude de normas legais ou regulamentarias, o importe das atencións ou prestacións sanitarias deba ser por conta das entidades ou terceiros correspondentes.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo II, do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 47 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade ofertante. Por outra banda, hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991, foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e os servizos do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo, o artigo 76 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, establece que lle corresponde á Consellería de Sanidade propoñer os módulos económicos para a prestación dos servizos propios e a aprobación dos concertados.

En virtude do Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, os ingresos procedentes da prestación de servizos sanitarios por parte das fundacións teñen a consideración de ingresos de dereito público, polo que é necesario incluír os prezos dos servizos prestados polas fundacións sanitarias neste decreto.

Faise necesario actualizar o Decreto 164/2008, do 17 de xullo, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

É, pois, necesario regular a percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, por proposta da Consellería de Sanidade, co informe favorable da Consellería de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de outubro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Apróbanse as tarifas que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI deste decreto, aplicables aos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias, a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario.

Para a liquidación das tarifas contidas no anexo IV considéranse terceiros obrigados ao pagamento as compañías privadas de saúde naqueles supostos de transporte sanitario urxente de carácter vital cando o paciente, sexa ou non beneficiario da Seguridade Social, subscribise voluntariamente unha póliza con esa compañía, excepto que nas condicións do contrato estivese expresamente excluído ese transporte.

Nos supostos de terceiros obrigados ao pagamento, por tratarse de gastos non financiables con ingresos da Seguridade Social (artigo 83 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade), cando o paciente non facilite os datos do terceiro obrigado para súa correcta facturación, o gasto asistencial será pola súa conta.

No suposto de accidentes producidos por vehículos sen seguro ou roubados, os gastos sanitarios ocasionados pola asistencia prestada ao condutor do vehículo e aos acompañantes que coñecían as circunstancias do roubo ou non aseguramento e o ocupaban voluntariamente, serán asumidos polo condutor e, se é o caso, polos ocupantes do vehículo.

2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables á asistencia sanitaria prestada nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde (Atención Primaria e Especializada) e nas fundacións públicas hospitalarias.

3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidente de tráfico, naqueles casos en que sexan de aplicación os convenios marco de asistencia sanitaria para o ano 2009 con institucións sanitarias públicas.

4. As tarifas recollidas nos anexos III, IV, V e VI serán aplicables, respectivamente, pola Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía, pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e pola Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes no día da prestación do servizo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 164/2008, do 17 de xullo, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de outubro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Prezos de servizos sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario (en euros)

I. Atención primaria:

A. Consultas:

1. Consulta médica.

-Primeira consulta: 63,55.

-Consultas sucesivas: 31,77.

-Asistencia en urxencias: 235,73.

2. Consulta médica con probas complementarias.

-Primeira consulta: 78,91.

-Consultas sucesivas: 39,97.

3. Consulta médica e de coidados de enfermaría.

-Primeira consulta:

*Con probas: 94,29.

*Sen probas: 75,86.

-Consultas sucesivas:

*Con probas: 47,13.

*Sen probas: 37,94.

4. Consultas de enfermaría.

-Consultas de enfermaría: 13,33.

5. Consultas a domicilio.

-Consulta médica.

*Primeira consulta:

Con probas: 94,29.

Sen probas: 75,87.

Esta última tarifa (primeira consulta sen probas) tamén será aplicable nos supostos de asistencia sanitaria prestada polos facultativos do Servizo Galego de Saúde cando sexa requirida pola policía xudicial a súa presenza no lugar dos feitos (Lei 38/2002, do 24 de outubro).

*Consultas sucesivas:

Con probas: 47,13.

Sen probas: 37,94.

-Consulta médica con coidados de enfermaría.

*Primeira consulta:

Con probas: 113,78.

Sen probas: 91,22.

*Consultas sucesivas:

Con probas: 57,37.

Sen probas: 45,11.

-Consultas enfermaría.

*Primeira consulta:

Con probas: 50,33.

Sen probas: 37,81.

*Consultas sucesivas:

Con probas: 25,17.

Sen probas: 18,91.

6. Consultas en unidades de saúde buco-dental.

-Consulta preventiva:

*Primeira consulta: 63,55.

*Consultas sucesivas: 31,77.

-Consulta hixienista dental: 37,01.

7. Consultas en centros de orientación familiar.

-Consulta de xinecoloxía.

*Primeira consulta: 133,93.

*Revisións: 44,64.

-Consulta de psicoloxía.

*Primeira consulta: 63,55.

*Consultas sucesivas: 31,77.

-Clases de preparación ao parto: 312,20.

B. Intervencións cirúrxicas ambulatorias:

1. En atención primaria: 116,82.

2. En unidades de saúde buco-dental: 94,29.

3. En centro de orientación familiar: 94,29.

C. Probas ambulatorias e outros tratamentos:

1. Radioloxía básica: 33,08.

D. Tratamentos:

1. Para os servizos de fisioterapia e rehabilitación e calquera outro procedemento non recollido nos puntos anteriores, que se realicen en centros de atención primaria, aplicaranse as tarifas que para estes se establecen nos demais puntos do anexo I do decreto.

II. Atención especializada:

A. Estadías.

1. Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).

Cando o paciente ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación pola metade do valor dunha estadía completa.

2. Na estadía están incluídas as prestacións de todos os servizos e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos, calquera outro material implantado (incluídas mallas) así como aquel material de cirurxía laparoscópica dun só uso e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade como custo independente da estadía, recollidas na letra D punto 3 deste decreto como servizos especiais.

3. No suposto de estadías con permiso de fin de semana aplicaranse as mesmas tarifas dos puntos seguintes.

4. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de 485,42 euros.

5. A estadía en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servizo de reanimación, unidade de queimados, lesionados medulares, ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario), facturarase por 1.048,45 euros.

6. Por estadía no hotel de pacientes: 103,53 euros.

7. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos: 215,23 euros.

8. Por internamento completo en unidades psiquiátricas de media e longa estadía: 96,35 euros.

9. Por estadías psiquiátricas causadas en réxime de hospital de día: 100,45 euros.

10. Hospitalización a domicilio.

Asistencia domiciliaria prestada a pacientes que necesiten técnicas terapéuticas de certa complexidade.

A tarifa por cada día de hospitalización a domicilio é de 74,06 euros.

11. Por sesión en hospital de día facturarase 179,87 euros da asistencia, facturándose os fármacos administrados a prezo de custo.

B. Urxencias.

Por urxencia hospitalaria non ingresada: 331,83 euros.

Comprenderá todas as actuacións que sexa necesario efectuar na atención da urxencia, estando incluídas todas as exploracións e actos médicos e/ou cirúrxicos realizados en urxencias, agás os recollidos na letra D punto 3 deste decreto como servizos especiais.

No caso de que a atención de urxencia derivase nun ingreso hospitalario facturaríase unicamente a estadía.

C. Consultas: asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

1. Por primeiras consultas ambulatorias: 160,68 euros.

Entenderase por primeira consulta ambulatoria aquela que inicia un proceso de consulta por ser un paciente novo para ese servizo o GNA (grupo normalizado de agregación), por suceder a unha consulta de alta ou ter pasado máis de 18 meses sen programación desde a última consulta nese servizo ou GNA.

2. Por revisións e sesións ambulatorias poshospitalarias: 53,57 euros.

Entenderase por revisión aquela consulta que sucede a outra consulta non de alta dese paciente, nese mesmo servizo ou GNA polo mesmo proceso asistencial.

Entenderase por sesión ambulatoria poshospitalaria aquela consulta ambulatoria programada que sucede a un ingreso dese paciente no mesmo servizo ou GNA ou a unha atención en urxencias polo mesmo proceso asistencial e polo mesmo GNA.

3. Servizos psiquiátricos extrahospitalarios no centro de especialidades:

-Primeira consulta: 133,93 euros.

-Revisións: 44,64 euros.

-Visitas domiciliarias: 96,90 euros.

4. Consulta de psicoloxía:

-Primeira consulta: 63,54 euros.

-Consultas sucesivas: 31,78 euros.

5. Servizos prestados en centros de orientación familiar.

-Consulta de xinecoloxía:

Primeira consulta: 133,93 euros.

Revisións: 44,64 euros.

-Consulta de psicoloxía:

Primeira consulta: 63,55 euros.

Consultas sucesivas: 31,77 euros.

-Clases de preparación ao parto: 312,20 euros.

D. Intervencións cirúrxicas ambulatorias:

1. Cirurxía maior ambulatoria:

Proceso asistencial no que se inclúe a realización dun procedemento dos recollidos neste punto, así como un máximo de tres consultas (primeira consulta e dúas revisións) e as probas diagnósticas necesarias para a realización de dito procedemento.

No suposto de que o paciente tivese que ingresar, a facturación por estadía sería independente da que corresponda por proceso.

No caso de que o procedemento de cirurxía maior ambulatoria non estea incluído na relación que se establece a continuación, o centro hospitalario facturará o custo dun procedemento asimilable.

No caso de procesos bilaterais incrementarase a tarifa do proceso nun 40%.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

2. Cirurxía menor ambulatoria: 342,56 euros.

Procedementos cirúrxicos realizados de forma ambulatoria que non estean recollidos na letra D punto 1.

Na tarifa están incluídas un máximo de tres consultas (primeira consulta e dúas revisións) e as probas diagnósticas necesarias.

Tarifa por intervención en centros de orientación familiar: 94,29 euros.

3. Tarifas por servizos ou procedementos especiais.

As tarifas especificadas a continuación como tarifas especiais facturaranse con independencia da que corresponda por consulta ou, se é o caso, estadía.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

E. Probas ambulatorias:

1. Anatomía patolóxica:

-Por estudo de biopsias de anatomía patolóxica: 285,19 €.

-Por estudo de biopsias de anatomía patolóxica con estudo macro e microscópico: 346,59 €.

-Por estudo de biopsias de anatomía patolóxica con microscopía electrónica: 556,80 €.

-Citoloxía: 142,36 €.

-Citoloxía vaxinal: 148,52 €.

-Citoloxía de esputos: 148,52 €.

-Estudo sistema nervioso: 387,57 €.

2. Probas de detección de alcolemia.

-Por cada proba de detección de alcolemia: 118,83 €.

3. Probas de detección de drogas.

-Screening de drogas de abuso en urina: 46,82 €.

4. Medicina nuclear: procedementos diagnósticos: gammagrafías.

Proceso Tarifa €

Grupo I. Exploracións básicas 59,76

Grupo II. Exploracións especiais 131,48

Grupo III. Exploracións maior complexidade 270,11

Grupo IV. Spect de perfusión cerebral 421,73

Grupo I. Exploracións básicas.

I.1. Gammagrafía tiroidea.

I.2. Gammagrafía tiroidea pre tratamento con iodo.

I.3. Anxiogammagrafía hepatoesplénica.

I.4. Gammagrafía hepatoesplénica.

I.5. Gammagrafía de mucosa gástrica ectópica.

I.6. Gammagrafía salivar.

I.7. Anxiogammagrafía testicular.

I.8. Gammagrafía renal.

I.9. Anxiogammagrafía.

Grupo II. Exploracións especiais.

II.1. Ventriculografía isotópica de primeiro paso (repouso).

II.2. Ventriculografía isotópica de equilibrio (esforzo).

II.3. Ventriculografía isotópica de equilibrio (repouso).

II.4. Ventriculografía isotópica de equilibrio postintervención farmacolóxica.

II.5. Gammagrafía miocárdica de inervación.

II.6. Tomogammagrafía (spect) miocárdica de perfusión (esforzo).

II.7. Tomogammagrafía (spect) miocárdica de perfusión (repouso).

II.8. Tomogammagrafía (spect) miocárdica de perfusión tras reinxección.

II.9. Tomogammagrafía (spect) miocárdica de perfusión tras intervención.

II.10. Tomogammagrafía (spect) miocárdica de inervación.

II.11. Gammagrafía de curtocircuítos cardíacos.

II.12. Captación tiroidea de iodo.

II.13. Cinética tiroidea de iodo.

II.14. Rastrexo gammagráfico con 131i.

II.15. Rastrexo gammagráfico post tto iodo.

II.16. Gammagrafía de paratiroide.

II.17. Gammagrafía de paratiroide subtracción tl/tc.

II.18. Spect paratiroide.

II.19. Tomogammagrafía (spect) hepatoesplénica.

II.20. Gammagrafía hepatobiliar.

II.21. Gammagrafía hepatobiliar postestimulación fisiolóxica.

II.22. Gammagrafía hepatobiliar postintervención farmacolóxica.

II.23. Gammagrafía de hemorraxia dixestiva.

II.24. Gammagrafía de hemanxiomas.

II.25. Tomogammagrafía (spect) de hemanxiomas.

II.26. Gammagrafía de tránsito esofáxico.

II.27. Gammagrafía de vaciado gástrico.

II.28. Gammagrafía de vaciado gástrico líquidos.

II.29. Gammagrafía de vaciado gástrico sólidos.

II.30. Gammagrafía de refluxo gastroesofáxico.

II.31. Gammagrafía de refluxo enterogástrico.

II.32. Gammagrafía de medula eritropoiética.

II.33. Cistogammagrafía directa.

II.34. Cistogammagrafía indirecta.

II.35. Filtraxe glomerular.

II.36. Fluxo plasmático renal efectivo.

II.37. Tomogammagrafía (spect) renal.

II.38. Renograma.

II.39. Renograma diureico.

II.40. Renograma post-ieca.

II.41. Gammagrafía pulmonar de perfusión.

II.42. Gammagrafía pulmonar de ventilación.

II.43. Gammagrafía pulmonar v/p cuantificada.

II.44. Gammagrafía pulmonar de perfusión cuantificada.

II.45. Gammagrafía pulmonar de ventilación cuantificada.

II.46. Cisternogammagrafía.

II.47. Tomogammagrafía (spect) cerebral con 201 tl.

II.48. Gammagrafía ósea.

II.49. Gammagrafía ósea corpo enteiro.

II.50. Gammagrafía ósea vascular/3 fases.

II.51. Tomogammagrafía (spect) ósea.

II.52. Gammagrafía ósea con galio.

II.53. Gammagrafía ósea con 201 tl.

II.54. Flebogammagrafía.

II.55. Linfogammagrafía.

II.56. Linfogammagrafía convencional.

II.57. Rastrexo gammagráfico con cloruro de talio-201tl.

II.58. Gammagrafía con inmunoglobulinas.

Grupo III. Exploracións de maior complexidade.

III.1. Tomogammagrafía sincronizada (gated spect) miocárdica de per.

III.2. Tomografía sincronizada (gated spect) miocárdica de función.

III.3. Gammagrafía suprarrenal cortical.

III.4. Gammagrafía suprarrenal posfrenación cortical.

III.5. Gammagrafía suprarrenal modular.

III.6. Rastrexo gammagráfico con mibg.

III.7. Gammagrafía de receptores de somatostatina.

III.8 Gammagrafía con leucocitos marcados.

III.9. Cinética eritrocitaria.

III.10. Tomografía (spect) con citrato de galio-67ga.

III.11. Volume globular.

III.12. Test de Schilling.

III.13. Gammagrafía pulmonar con citrato de galio-67ga.

III.14. Gammagrafía ósea con leucocitos marcados.

III.15. Detección de ganglio sentinela.

III.16. Rastrexo gammagráfico con citrato de galio-67ga.

III.17. Rastrexo gammagráfico con mibi-99mtc.

III.18. Rastreo gammagráfico de receptores de somatostatina.

III.19. Gammagrafía con leucocitos marcados.

III.20. Gammagrafía mamaria con 99mtc/mibi.

Grupo IV. Spect de perfusión cerebral.

IV.1. Gammagrafía cerebral.

IV.2. Tomogammagrafía (spect) cerebral de perfusión.

IV.3. Tomogammagrafía (spect) cerebral de receptores.

5. Probas especiais.

A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estadías e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse ao prezo de custo. As tarifas especificadas a continuación como tarifas especiais facturaranse con independencia da que corresponda por consulta ou, se é caso, estadía.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

7. Os estudos realizados en laboratorios do Servizo Galego de Saúde que sexan coincidentes cos recollidos no anexo VI da Fundación Pública Centro de Transfusións de Galicia serán facturados ás mesmas tarifas.

8. No suposto de que o paciente sexa derivado a un centro concertado polo Servizo Galego de Saúde para a prestación de servizos de rehabilitación ou calquera outra proba ou procedemento sanitario, estes serán facturados a prezo de custo.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

1. Os tratamentos farmacéuticos de dispensación hospitalaria a pacientes ambulatorios facturaranse a prezo de custo.

Así mesmo, a teor do establecido nos concertos de asistencia sanitaria subscritos entre o INSS e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social coas mutualidades (Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial) tamén se facturarán a prezo de custo os tratamentos farmacéuticos de dispensación hospitalaria a pacientes ambulatorios das ditas mutualidades que optasen polo réxime xeral da Seguridade Social.

2. Tratamentos dermatolóxicos:

-Sesión laserterapia dermatolóxica: 166,65 €.

-Sesión dermatolóxica PUVA: 135,76 €.

3. Hemodiálise.

Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio: 217,85 €.

O prezo da sesión de hemodiálise comprende analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.

Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de 12,32 €.

Analíticas de pacientes en hemodiálise (control trimestral): 169,56 €.

Analíticas de pacientes en hemodiálise (control rutineiro): 16,11 €.

4. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria: 295,17 €.

Por sesións illadas do tratamento: 19,40 €.

5. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría: 471,44 €.

Por cada sesión deste tratamento: 22,54 €.

6. Quimioterapia.

O concepto facturable para o caso da quimioterapia será o de sesión e non o de proceso, ou ciclo, o prezo por sesión será de 170,19 euros. A este importe engadirase o importe correspondente á medicación subministrada a prezo de custo.

7. Radioterapia.

O concepto facturable para o caso da radioterapia será o do proceso, é dicir, todos os procedementos realizados desde a primeira consulta ata a alta do paciente nese servizo.

Establécense dúas modalidades de tratamento segundo sexan realizadas con aceleradores lineais ou con bombas de cobalto, cada unha delas con diferentes graos de complexidade:

*Tratamento con acelerador lineal:

I) Nivel de complexidade I.

Estudos dosimétricos con cálculo limitado a un punto do feixe central ou plano medio.

Técnicas empregadas:

-1 campo directo.

-2 campos opostos.

Indicado para as seguintes patoloxías:

-Metástase en xeral dunha soa localización nas cales o deseño de tratamento sexan 1 ou 2 campos, situados na mesma zona.

-Tratamentos paliativos que cumpran os requisitos anteriores.

-Tratamentos de cancros de pel ou sarcoma de Kaposi superficial que requira un só campo.

II) Nivel de complexidade II.

Estudos dosimétricos en dúas dimensións con representación gráfica de distribución de doses polo menos nun plano e definición de doses en volumes tumorais e críticos. Cálculos con curvas de isodose.

Cálculo como I se é para dúas ou máis localizacións de metástase.

Técnicas:

-Dúas localizacións distintas ou máis de 2 campos por sesión para a mesma zona.

-De 2 a 4 campos para mesmo volume e localización.

-É opcional a utilización de campos conformados.

Patoloxías indicadas:

-Tratamentos de dúas ou máis metástase que requiran un único campo ou dúas por localización con requisitos dos niveis I ou II dosimétricos.

-Glote con 2 campos.

-Tratamentos de mama con 2 campos.

-Tratamentos de pelve ou pulmón que cumpran os requisitos anteriores.

-Cerebro.

-Pel con máis de 1 campo.

III) Nivel de complexidade III.

Estudos dosimétricos de dúas ou tres dimensións.

Técnicas:

-Son múltiples e variadas.

-Técnica de Shrinking Fields.

-Empréganse sempre campos conformados.

Patoloxías:

-Mamas de ata 4 campos.

-Tratamentos de pelve con 4 campos.

-Neuroexe (agás pediátricos).

-Bazos.

-Sarcomas.

-En xeral, para todos os tratamentos con intención radical (=60 Gy) e que non pertenzan ao nivel IV.

-Pulmón.

-Vexiga, próstata, etc.

-Recto.

IV) Nivel de complexidade IV.

Empregan dosimetrías tridimensionais in vivo durante todo o tratamento ou outros procedementos dosimétricos que requiran cálculos especiais e complexos (separacións de múltiples campos).

Técnicas:

-Hiperfraccionamento, dosimetría in vivo.

-Irradiación corporal total.

-Grandes campos que requiran dosimetría in vivo cada día de hiperfracionamento.

-Sobredosificación concomitante.

-Tratamento de mama de máis de 4 campos.

-Radioterapia rotatoria.

-Irradiación nodal total ou supra e infradiafragmática (E. de Hodgkin).

-Radioquimioterapia.

-Baño de electróns.

-Combinación de aceleradores.

Patoloxías:

-Mama 5 campos ou máis.

-ORL tratado con fotóns e con electróns.

-Outras patoloxías tratadas con combinación de aceleradores.

-Tumores infantís que precisen anestesia.

-Enfermidade de Hodgkin.

-Outros linfomas que requiran irradiación de grandes e distintas áreas.

-Linfomas cutáneos, Kaposi xeralizado, micose funxoide.

-Sarcoma de Kaposi non cutáneo.

-Outras que requiran hiperfracionamento, sobredose concomitante ou rotatoria.

*Tratamento con bomba de cobalto.

I) Nivel de complexidade I.

Estudo disimétrico con cálculo limitado a un punto do eixo central, verificación radiolóxica. Pode empregar un campo directo ou dous campos directos a dúas localizacións diferentes ou ben dous campos opostos a 180 graos sobre a mesma localización, con cálculo de doses nun plano medio.

Indicacións:

-Leito larínxeo.

-Cadeas ganglionares.

-Pelve (2 campos).

-Holocranial.

-Bazo.

-Radiocastración.

-Paliativo de metástase ósea.

II) Nivel de complexidade II.

Dous ou máis campos por sesión ou ben paliacións con máis de dúas localizacións simultáneas ou máis de dous campos por sesión, estudo dosimétrico con representación gráfica de distribución de doses, nun plano como mínimo, e definición de doses en volumes tumorais e críticos. Cálculo con curvas de isodose, sempre con simulación, sempre con verificación.

Con ou sen campos conformados.

Indicacións:

-Mama (2 campos).

-Glote.

-Base de lingua.

-Orofarinxe e cadeas.

-Pulmón.

-Vexiga.

-Próstata.

-Esófago.

-Seo maxilar.

-Parótide.

-Recto e leito rectal.

-Pelve xinecolóxica.

-Cerebro.

-Paliativo de metástase ósea de dúas localizacións simultáneas.

III) Nivel de complexidade III.

Procedementos dosimétricos que requiren cálculos especiais e tratamentos combinados de maior complexidade e que requiren un grao maior de recursos, sempre con verificación, con ou sen campos conformados, sempre con simulación, técnicas pendulares e/ou rotatorias ou máis de dous campos por sesión e dúas ou máis localizacións, grandes campos (irradiación corporal local), hiperfraccionamento, sobredosificación concomitante, radioquimioterapia.

Indicacións:

-ORL complementario e radical.

-Mama con tratamento de áreas ganglionares.

-Sarcomas de partes brandas.

-Recto e sigma preoperatorio.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

*Radioterapia estereotáxica:

-Tumores e metástases: 5.387,17 €.

-Malformacións arteriovenosas: 7.003,85 €.

-Tumores de seguimento ambulatorio: 1.141,61 €.

-Malformacións de seguimento ambulatorio: 1.864,04 €.

8. Medicina nuclear: procedementos terapéuticos.

O concepto facturable para este caso será o do proceso.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

G. Trasplantes:

No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizar ao paciente a partir do momento no que se prescriba o procedemento especial, así como honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermaría, estadías no hospital, medicación, material sanitario, alimentación, incluída a nutrición parenteral e enteral, e estadías na unidade de coidados intensivos que puidese precisar ata a data de alta por este proceso. Non se inclúen os procedementos que non poidan ser realizados no propio centro hospitalario, que serán facturados aparte a prezo de custo.

-Trasplante autólogo de medula ósea: 47.628,00 €.

-Trasplante aloxénico de medula ósea: 64.994,85 €.

-Trasplante pulmonar: 108.034,33 €.

-Trasplante cardíaco: 99.380,34 €.

-Trasplante hepático: 104.007,20 €.

-Trasplante renal: 31.229,57 €.

-Trasplante de ril e páncreas: 62.459,42 €.

-Trasplante de córnea: 2.979,95 €.

No suposto de doador vivo, non cuberto pola Seguridade Social, facturarase ao terceiro obrigado ao pagamento, a asistencia sanitaria prestada para a extracción do órgano. De acordo coa normativa vixente o doador nunca asumirá custo ningún.

H. Órteses e próteses:

As órteses e próteses, incluídas as de endoscopia, as vasculares, as de radioloxía intervencionista e as de hemodinámica, que sexa necesario implantar ou adaptar ao paciente, así como a súa renovación ou preparación, facturaranse a prezo de custo.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

III. Transporte sanitario.

Será pola conta directa do paciente. En caso de que se faga con medios propios do Servizo Galego de Saúde ou das fundacións públicas sanitarias facturarase aplicando as tarifas que se indican.

Entenderase por servizo urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servizo interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.

As tarifas por servizos interurbanos serán aplicables cando do número de quilómetros feitos en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servizo, ao prezo por servizo urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.

1. Ambulancias non asistidas.

a) Servizo interurbano por cada quilómetro de:

Transporte programado: 0,63 €.

Transporte non programado: 0,67 €.

b) Servizos urbanos:

-Para poboacións de máis de 200.000 habitantes:

Transporte programado: 18,43 €.

Transporte non programado: 20,50 €.

-Para poboacións de ata 200.000 habitantes:

Transporte programado: 13,33 €.

Transporte non programado: 14,36 €.

c) O tempo de espera computarase cando se advirta ao condutor da ambulancia a necesidade do regreso do enfermo por traslados interurbanos, distantes máis de 40 quilómetros, aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servizo sexa programado ou non programado.

Tempo de espera por cada hora: 17,43 €.

2. Ambulancias asistidas.

Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoas, médico e auxiliar, do Servizo Galego de Saúde ou das fundacións públicas sanitarias. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.

-Por cada servizo urbano: 353,58 €.

-Por cada quilómetro de servizo interurbano: 2,17 €.

-Por cada hora de espera: 41,00 €.

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1 c).

-UVI Móbil:

*Persoal (médico, enfermeiro e condutor) prezo por hora: 145,33 €.

*Vehículo prezo por quilómetro: 3,75 €.

Informes médicos e copias de historias clínicas.

Por informe médico solicitado: 42,44 €.

Por copia de historias clínicas e dos estudos incluídos nelas: 22,29 €.

ANEXO II

1. Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico nos supostos recollidos no convenio marco de asistencia sanitaria derivada de accidentes de tráfico para o ano 2009 con institucións sanitarias públicas con cobertura de responsabilidade civil derivada do uso e circulación de vehículos de motor de subscrición obrigatoria, aplicables nas institucións propias ou nas alleas concertadas en réxime de administración e financiamento directo (en euros).

A. Hospitalización.

Hospitalización en planta, prezo por estadía e día cada un dos 5 primeiros días: 432 euros.

Hospitalización en planta, prezo por estadía e día, cada un dos días seguintes a partir do 5º día: 387 euros.

Hospitalización en UVI, prezo por estadía e día: 803 euros.

Estes importes comprenden todos os gastos asistenciais, con excepción do transporte sanitario e a rehabilitación que, se é o caso, se facturarán aparte.

Considérase día de estadía a permanencia na hora censual (as cero horas) dun lesionado ingresado no hospital para a atención dun proceso patolóxico.

Só terán carácter de UVI as unidades consideradas tradicionalmente como tales, non sendo aplicable este prezo a unidades similares a UVI que puideran implementar os servizos de saúde.

B. Asistencia de urxencia sen ingreso ou primeira asistencia.

Prezo por lesionado atendido: 18 euros.

C. Rehabilitación.

Prezo por día de rehabilitación: 18 euros.

A facturación farase por día de rehabilitación, independentemente do número de sesións que se practiquen no día que se factura.

D. Unidades de lesionados medulares e queimados.

Hospitalización en planta, prezo por estadía e día: 446 euros.

Hospitalización en UVI, prezo por estadía e día: 803 euros.

Estes prezos só serán de aplicación por aqueles hospitais que dispoñan respectivamente de unidades de lesionados medulares e de unidades de queimados.

E. Límite condutor vehículo único.

O importe da facturación das prestacións sanitarias no caso do condutor dun sinistro no que intervén un só vehículo non poderá ser superior a 5.645 euros.

F. Transporte sanitario.

O traslado do paciente lesionado facturarase de conformidade cos prezos:

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

Nos casos nos que se utilice transporte distinto ao propio da entidade xestora ou concertado por esta, será a entidade aseguradora a que se fará cargo do pagamento directo dos gastos do dito transporte, logo de conformidade da aseguradora.

2. Tarifas de asistencia sanitaria a lesionados en accidentes de tráfico nos supostos recollidos no convenio subscrito entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, UNESPA e o Consorcio de Compensación de Seguros, para a atención de lesionados en accidentes de tráfico mediante servizos de emerxencias sanitarias (en euros).

A. Asistencia e traslado de urxencias no lugar do accidente.

Medios terrestres: módulo único para servizos urbanos e interurbanos.

219,24 euros por lesionado trasladado ou atendido, calquera que sexa o tipo de unidade utilizada.

Medios aéreos: circunscritos ao ámbito da comunidade autónoma.

2.402,24 euros por saída e transporte (inclúe asistencia e transporte do primeiro lesionado).

B. Traslado asistido interhospitalario de lesionados en estado crítico.

Medios terrestres.

Traslado medicalizado realizado entre centros hospitalarios situados dentro do mesmo termo municipal urbano:

205,67 euros por lesionado trasladado.

Traslado medicalizado realizado entre centros hospitalarios situados fóra do mesmo termo municipal urbano:

205,67 euros por lesionado trasladado + 2,09 euros/km percorrido.

Medios aéreos: circunscritos ao ámbito da comunidade autónoma.

2.402,24 euros por saída e transporte (inclúe asistencia do lesionado).

ANEXO III

Prezos aplicables pola Fundación Pública Instituto Galego

de Oftalmoloxía

(En euros).

Oftalmoloxía (conceptos por proceso ou unidade de lente).

Cirurxía refractiva: láser excimer: 919,55.

Cirurxía refractiva: láser excimer Zyoptics: 1.122.

Cirurxía do astigmatismo: 919,55.

Transplante de córnea: 2.534,63.

Vitrectomía tipo I: 2.786,80.

Vitrectomía tipo II: 3.083,34.

Implante de lente en vitrectomías: 324,30.

Desprendemento de retina: 2.163,70.

Contactoloxía médica queratocono: 152,96.

Contactoloxía médica mixta: 131,15.

Contactoloxía médica queratocono silicona SiH: 350.

Contactoloxía refractiva esférica: 76,63.

Contactoloxía refractiva tórica: 114,53.

Contactoloxía terapéutica: 91,95.

Rehabilitacións visuais: 420,16.

Tratamento cirúrxico de cataratas: 1.316,87.

Ecografía-biomicroscopia ultrasónica: 153.

Microscopía confocal: 102.

Análise topográfica corneal (videoqueratoscopio-Orbscan II): 91,95.

Láser Yag: 153.

Anxiografía: 162,14.

Consultoría de casos complicados: 127,79.

Retinose pigmentaria: 495,84.

Terapia de fotodinámica (láser terapia): 2.270,06.

ANEXO IV

Prezos aplicables pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

(En euros).

1. Servizos primarios.

Ambulancia: 107,74 por lesionado.

Ambulancia asistencial: 191,79 por lesionado.

Ambulancia medicalizada: 700,33 por lesionado.

Helicóptero medicalizado: 6.814,78 por lesionado.

2. Servizos secundarios.

Ambulancia asistencial: 240,26 por lesionado.

(No caso de servizos interurbanos, engadiranse 1,28 por km. percorrido).

Ambulancia medicalizada: 748,82 por lesionado.

(No caso de servizos interurbanos, engadiranse 2,97 por km percorrido).

Helicóptero medicalizado: 6.863,26 por lesionado.

3. Dispositivos de risco previsible.

Coordinación: 351,25.

Ambulancia medicalizada: 700,33 por hora.

DUE: 192,86 por hora.

Médico: 265,05 por hora.

Ambulancia asistencial: 191,79 por hora.

ANEXO V

Prezos aplicables pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

(En euros).

A. Tarifas.

1. Medicina molecular:

MM.P1 - Translocacións e inversións: 230.

MM.P2 - Reordenamentos: 172.

MM.P3 - Secuenciación.

I. MM.P3A - Ata 4 secuencias: 138.

II. MM.P3B - De 5 a 20 secuencias: 460.

III. MM.P3C - De 21 a 50 secuencias: 920.

IV. MM.P3D - Máis de 50 secuencias: 1.380.

MM.P4 - Análise de mutacións puntuais: 69.

MM.P5 - Análise de microsatélites: 285.

MM.P6 - Análise de ligamento: 400.

MM.P7 - Cuantificación de ADN/ARN: 230.

MM.P8 - Dose xénica: 248.

MM.P9 - Expansións de tripletes de nucleótidos (mutacións dinámicas): 276.

MM.P10 - Arrays.

I. Xenoma completo: 750.

MM.P11 - Almacenamento e conservación de mostras de ADN: 27.

MM.P12 - Análise dun familiar adicional a un estudo previo realizado: 115.

MM.P13 - Western Blot: 276.

MM.P14 - QF-PCR aneuploidías diagnóstico prenatal: 100.

2. Citoxenética.

C.P0 - Cariotipo constitucional en sangue periférico: 115

Citoxénetica - Oncohematolóxica

C.P1 - Estudo citoxenético: 115.

C.P2 - Estudo de HIS: 115.

C.P3 - Estudo citoxenético e de HIS: 218.

C.P4 - Estudos varios de HIS:

-Triplo: 225.

-Cuádruple: 264.

-Séxtuple: 300.

C.P5 - Hibridación xenómica comparada: 287.

C.P6 - Test de mitomicina para anemia de Fanconi: 230.

Citoxénetica - Diagnose prenatal.

C.P7 - Cariotipo prenatal.

I. C.P6A - Sangue fetal: 126.

II. C.P6B - Líquido amniótico:172.

III. C.P6C - Vellosidade corial: 230.

C.P78 - Estudo de HIS prenatal (CATCH22): 115.

3. Batería de xenotipado.

F.P1 - Batería de SNP de farmacoxenética.

I. F.P1A - Ata 5 SNP: 69.

II. F.P1B - De 6 a 20 SNP: 172.

III. F.P1C - De 21 a 100 SNP: 230.

IV. F.P1D - Máis de 100 SNP: segundo orzamento.

F.P2 - Batería de xenotipado para cribado de fibrose cística 250.

4. Consello xenético.

CG.P1 - 1ª consulta: 230.

CG.P2 - 2ª consulta ou sucesivas: 115.

B. Relación non exhaustiva de patoloxías e xenes analizados en cada proceso.

1. Medicina molecular:

MM.P1 - Translocacións e inversións.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"

2. Citoxenética

Citoxenética-oncohematolóxica.

C.P1 - Estudo citoxenético.

-Leucemia aguda mielobásica.

-Síndromes mielodisplásicos.

-Síndromes mieloproliferativos.

-Síndromes linfoproliferativos crónicas B e T.

-Linfoma non Hodgkin.

-Mieloma múltiple.

Ver referencia pdf "19900D005P013.PDF"