DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 08 de outubro de 2009 Páx. 15.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 29 de maio de 2009, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2009.

A Resolución do 29 de maio de 2009 (DOG nº 109, do 5 de xuño), pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na comunidade autónoma galega, durante o ano 2009, establece no seu artigo 3 o relativo ao orzamento, á aplicación orzamentaria e ao importe económico previsto para elas. Este mesmo artigo prevé expresamente a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria contida na devandita resolución. Ao terse incrementado o crédito dispoñible polo aumento dos fondos procedentes do Fondo de Apoio á Acollida e á Integración de Inmigrantes, así como o seu reforzo educativo, cómpre ampliar o crédito inicialmente asignado.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Resolución do 29 de maio de 2009 (DOG nº 109, do 5 de xuño), da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2009.

Segundo.-O incremento da dotación será de 24.165 € con cargo á aplicación orzamentaria 2009.40.50.312C.460.0.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de subvención na devandita Resolución do 29 de maio de 2009.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2009.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración