A Resolución do 29 de maio de 2009 (DOG nº 109, do 5 de xuño), pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2009, establece no seu artigo 3 o relativo ao orzamento, á aplicación orzamentaria e ao importe económico previsto para elas. Este mesmo artigo prevé expresamente a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria contida na devandita resolución. Ao terse incrementado o crédito dispoñible polo aumento dos fondos procedentes do Fondo de Apoio á Acollida e á Integración de Inmigrantes, así como o seu reforzo educativo, cómpre ampliar o crédito inicialmente asignado.
Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,
RESOLVO:
Artigo único.
Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Resolución do 29 de maio de 2009 (DOG nº 109, do 5 de xuño), pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, durante o ano 2009.
Segundo.-O incremento da dotación será de 48.332 con cargo á aplicación orzamentaria 40.50.312C.460.0, que se repartirá entre os distintos eixes, resultando a seguinte distribución:
-Eixe educación: 13.368 .
-Eixe emprego: 10.283 .
-Eixe vivenda: 3.856 .
-Eixe servizos sociais: 11.825 .
-Eixe muller: 9.000 .
Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de subvención na devandita Resolución do 29 de maio de 2009.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2009.
J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración