DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 07 de outubro de 2009 Páx. 15.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 1 de outubro de 2009 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, as industrias agroalimentarias e os establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2009.

A Orde do 4 de xuño de 2009 (DOG nº 112, do 10 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2009, no seu artigo 30º, relativo ao financiamento destas axudas, detalla a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para elas. Este artigo prevé expresamente a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria contida na referida orde.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e de seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 4 de xuño de 2009 (DOG nº 112, do 10 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2009.

Segundo.-O incremento da dotación para o exercicio 2009, será de 1.714.319,84 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 49.02.713E.770.4 (código do proxecto 200800846, 1.714.319,84 euros), dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 4 de xuño de 2009.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2009.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural