DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 07 de outubro de 2009 Páx. 15.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 1 de outubro de 2009 pola que se fixan os prezos de venda ao público das publicacións Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia en 2007 e Creación de redes de vixilancia e prevención agrícola como medio de axuda da posta en marcha da produción integrada.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitidos os informes favorables da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería Resultados do programa de xestión de vacún de leite en Galicia en 2007, ao prezo de 10 €, e Creación de redes de vixilancia e prevención agrícola como medio de axuda da posta en marcha da produción integrada, ao prezo de 10 €.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2009.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural