DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 07 de outubro de 2009 Páx. 15.898

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de setembro de 2009 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para o curso 2009/2010.

Por Orde do 31 de marzo de 2009 (DOG do 8 de abril), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da consellería, para o curso 2009/2010.

Reunida a comisión de valoración prevista no artigo 6º da devandita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade cos artigos 1, 2 e 7 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder as contías que se sinalan nos anexo I e II aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2008/2009, vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o devandito curso e os proxectos presentados para o período 2009/2010.

Segundo.-Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2009/2010, os 80 novos centros seleccionados, que se relacionan no anexo III.

Terceiro.-Asignar as contías que se detallan nos devanditos anexos, destinadas a apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, e favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información, de acordo coas liñas prioritarias de actuación presentadas.

Cuarto.-Os gastos realizados xustificaranse, segundo o recollido no artigo 8 da Ode do 31 de marzo de 2009, antes do 10 de xuño de 2010.

Quinto.-Non entregar a memoria e/ou a xustificación do gasto no prazo sinalado poderá ser causa de revogación das cantidades asignadas, e o centro deberá proceder ao reintegro da cantidade percibida, sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan exixir.

Sexto.-O incumprimento total ou parcial dos proxectos ou das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión poderán dar lugar á anulación ou modificación da contía do importe concedido.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "19700D002P006.PDF"