DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 07 de outubro de 2009 Páx. 15.898

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos (Diario Oficial de Galicia número 249, do 24 de decembro de 2008).

1. Mediante resolucións do 15 de abril, 14 de maio e 24 de xullo de 2009, do director xeral de Política Financeira e Tesouro, por delegación da conselleira de Facenda, concedéronse as axudas polas contías que se reflicten no anexo, convocadas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos.

2. O financiamento das subvencións concedidas imputouse segundo a aplicación orzamentaria 07.05.621A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios de axudas concedidas con data do 15 de abril, 14 de maio e 24 de xullo de 2009 ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2009.

Manuel Galdo Pérez

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

Ver referencia pdf "19700D002P006.PDF"