DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 06 de outubro de 2009 Páx. 15.850

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias adoptado na súa reunión do 31 de xullo de 2009 polo que se nomea xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, creou a Axencia Galega de Emerxencias configurándoa como un ente instrumental para a xestión das emerxencias segundo as instrucións emanadas do órgano administrativo que ten as facultades para a xestión das emerxencias e a protección civil (capítulo III, artigos 16 e ss.).

Segundo o artigo 23.3º da Lei de emerxencias de Galicia e os artigos 7 e 11 do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Emerxencias, a xerencia é o órgano executivo da axencia e compételle a súa xestión ordinaria. A persoa titular da xerencia será nomeada e removida polo Consello Reitor do ente público por proposta da Presidencia da Axega, que corresponde ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En consecuencia, por proposta do presidente da Axega, o Consello Reitor na súa reunión do 31 de xullo de 2009 acordou nomear a Juan José Muñoz Iglesias xerente da Axencia Galega de Emerxencias en substitución de Francisco Javier Echeverría Iriarte.

Vistas as disposicións citadas así como o acordo adoptado polo Consello Reitor na súa reunión do día 31 de xullo de 2009 e coa finalidade de cumprir o dito acordo,

RESOLVO:

Primeiro.-Dar publicidade ao acordo adoptado polo Consello Reitor da Axega na súa reunión do día 31 de xullo de 2009 en virtude do cal se nomea xerente da Axencia Galega de Emerxencias a Juan José Muñoz Iglesias.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2008.

Alfonso Rueda Valenzuela

Presidente da Axencia Galega de Emerxencias