DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 05 de outubro de 2009 Páx. 15.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de setembro de 2009 pola que se concede a prórroga de cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 18 de xullo), apróbanse as bases que rexerán o concurso público de cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico, que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), e anúnciase a súa convocatoria.

Por Orde do 27 de outubro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 3 de novembro) publicouse a relación de solicitantes que resultaron adxudicatarios das cinco bolsas convocadas.

A base terceira da mencionada orde di que a concesión das bolsas será ata o 30 de setembro de 2009 e que se poderá prorrogar ata un máximo total, incluídas as prórrogas, de tres anos á vista do traballo realizado polo/a bolseiro/a, sempre que o proxecto a que estea vinculado requira do seu labor e así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Tendo en conta que os proxectos para os que se aprobaron as bolsas de colaboración non están rematados e que cómpre a súa continuidade segundo o informe do coordinador científico do Mupega, á vista da proposta formulada polo secretario xeral desta consellería e tendo en conta que ningún deles esgotou o período máximo previsto na convocatoria, considérase conveniente renovar as devanditas bolsas por un período de tres meses, ata o 31 de decembro de 2009, polo que esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as prórrogas das axudas para as cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de museísmo pedagóxico que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) ás persoas que se relacionan, polo período que media entre a data 1 de outubro de 2009 ao 31 de decembro de 2009:

Advertido un erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 134, do venres 10 de xullo de 2009, cómpre efectuar a seguinte modificación:

No anexo II, provincia da Coruña, onde di:

Ver referencia pdf "19500D001P007.PDF"

Segundo.-A dotación de cada bolsa será a mesma que xa viñan percibindo, polo que o resultado total das cinco bolsas a 900 €/mes ascende a 13.500 €.

Os custos do seguro de asistencia médica e de accidentes para todos os bolseiros ascenderán a 360 €.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 14 de xuño de 2008, suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Cuarto.-As subvencións faránselles efectivas aos beneficiarios por mensualidades vencidas, logo de presentación do informe do coordinador científico do Mupega.

Antes do último pagamento, deberán presentar declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Quinto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria