DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 30 de setembro de 2009 Páx. 15.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN parcial do 24 de setembro de 2009 pola que se adxudican as axudas (anexo I) da Orde do 14 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 181, do 15 de setembro) pola que se convocan as axudas correspondentes á prórroga que se inicia no ano 2009 do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2005, ao abeiro das diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2009.

A orde da Consellería de Economía e Industria do 14 de setembro de 2009 (DOG nº 181, do 15 de setembro), aproba as bases e convoca, no seu anexo I, as axudas correspondentes á prórroga que se inicia no ano 2009 do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2005, ao abeiro das diversas accións formativas do Programa de recursos humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2009.

No artigo 2º do anexo I da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisitos que debían cumprir os candidatos.

A comisión de selección establecida no artigo 9º das bases xerais da dita Orde do 14 de setembro de 2009, na súa reunión do día 24 de setembro de 2009, tendo en conta os créditos dispoñibles, acorda:

Propoñer a concesión dunha segunda prórroga dun ano de duración das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal, adxudicadas por Resolución do 2 de outubro de 2007 (DOG do 11 de outubro) aos solicitantes que se relacionan no anexo desta resolución.

Na súa virtude, e atendendo a proposta elaborada pola comisión de selección establecida no artigo 9 da Orde do 14 de setembro de 2009 (DOG nº 181, do 15 de setembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas correspondentes ás universidades do SUG que contraten os 37 candidatos seleccionados que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-Tal e como se establece na Orde do 14 de setembro de 2009 (DOG nº 181, do 15 de setembro), a duración dos correspondentes contratos será dun máximo de un ano de duración a partir do 1 de outubro de 2009.

Terceiro.-As axudas ás universidades do SUG, correspondentes aos 37 contratos, financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 44.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2009 e 2010, de acordo coa distribución que figura na táboa seguinte:

Ver referencia pdf "19200D003P010.PDF"

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 14 de setembro de 2009 (DOG nº 181, do 15 de setembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2009.

P. D. (Orde 30-4-2009; DOG nº 87, do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "19200D003P010.PDF"