DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 29 de setembro de 2009 Páx. 15.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL GALEGO DE DEFENSA DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Tribunal Galego de Defensa da Competencia no segundo cuadrimestre de 2009.

Para os efectos do previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2009.

Os devanditos convenios relaciónanse no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2009.

José Antonio Varela González

Presidente do Tribunal Galego de Defensa

da Competencia

ANEXO

Convenio: convenio de colaboración entre o Tribunal Galego de Defensa da Competencia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas de alumnos do máster en Asesoramento xurídico empresarial.

Sinatura: 11-5-2009.

Importe: 0,00 €.