DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 29 de setembro de 2009 Páx. 15.515

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2009 pola que se convoca unha actividade sobre actualización de primeiros auxilios.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso de actualización de primeiros auxilios, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: actualización de primeiros auxilios.

Tipo: curso.

Horas lectivas: catro.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: difundir as novas recomendacións en soporte vital básico. Mellorar o prognóstico da parada cardiorrespiratoria (PCR). Difundir as normas e técnicas de actuación na atención ao paciente dentro das principais situacións de urxencia e emerxencia sanitaria ante as que se poden atopar os membros dos servizos de emerxencia e protección civil.

Actualizar os coñecementos para acceder á formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos (DESA) ao persoal non sanitario, membros dos servizos de emerxencias e protección civil.

Contido: o contido do curso de actualización de primeiros auxilios divídese en dúas partes:

-Teoría: (1 hora).

-Práctica: (3 horas).

Sobre actualización en soporte vital básico e primeiros auxilios.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as: persoal dos servizos de emerxencias e protección civil.

Prazas ofertadas: 40 prazas.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

1. A inscrición das persoas interesadas será gratuíta.

2. As persoas interesadas poderán cubrir a solicitude que se amosa na páxina web http://agasp.xunta.es, ou o modelo anexo á convocatoria da actividade.

3. As solicitudes deberán vir asinadas pola persoa responsable da correspondente unidade e co selo desta. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

4. Presentación das solicitudes:

-Por correo á sede da Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n 36680, A Estrada.

-A través do fax nº 886 20 61 23 do Servizo de Formación-Sección de Protección Civil e Bombeiros da Agasp, ou

-Segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 23 de outubro de 2009.

Obrigas das persoas seleccionadas: as persoas que resulten seleccionadas, teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 23.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Horario: 9.30 ás 14.00 horas.

Data de comezo: 4-11-2009.

Data de remate: 4-11-2009.

Exixencias: os cursos van dirixidos aos membros dos servizos de emerxencias e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan realizado o curso básico de protección civil e un curso de segundo nivel.

5. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro).

6. Modificacións e incidencias: a Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 2009.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "19100D006P051.PDF"