DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 23 de setembro de 2009 Páx. 15.178

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2009 pola que se fai pública a composición da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA).

O artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) estará constituída por unha presidenta ou presidente, nomeado pola persoa titular do departamento que teña atribuídas as competencias en materia de universidades, entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito universitario de Galicia, por proposta do Consello de Dirección da ACSUG; por seis vogais elixidos polo Consello de Dirección da ACSUG, nomeados a través da presidenta ou presidente deste, de entre destacados membros da comunidade académica e científica e pola directora ou director da ACSUG que, con voz e sen voto, actuará como secretaria ou secretario desta.

Así mesmo, establece este artigo que a composición da CGIACA deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizados os trámites oportunos, e nomeados os vogais da CGIACA polo Consello de Dirección, na súa reunión do 20 de xullo de 2009, así como unha vez nomeado o presidente desta por parte do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo da proposta realizada polo Consello de Dirección da ACSUG na referida reunión,

DISPONSE:

Facer pública a composición da CGIACA, que estará constituída polos seguintes membros:

1. Presidente:

Miguel Ángel Santos Rego, catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Vogais:

a) Juan Luis Barja Pérez, catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

b) María José Bravo Bosch, profesora titular de Dereito Romano da Universidade de Vigo.

c) Mercedes Brea López, catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.

d) Gustavo Rodríguez Fuentes, profesor titular da Escola Universitaria de Fisioterapia da Universidade de Vigo.

e) María Antonia Señarís Rodríguez, catedrática de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.

f) Jorge Teijeiro Vidal, catedrático de Radioloxía e Medicina Física da Universidade da Coruña.

3. Secretario:

José Eduardo López Pereira, director da ACSUG.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2009.

María Patrocinio Morrondo Pelayo

Presidenta do Consello de Dirección da Axencia

para a Calidade do Sistema Universitario

de Galicia