DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 22 de setembro de 2009 Páx. 15.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 setembro de 2009 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre de 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único.-Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2009, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2009.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Ver referencia pdf "18600D010P014.PDF"