DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 22 de setembro de 2009 Páx. 15.114

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de novembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral (Diario Oficial de Galicia número 235, do 3 de decembro de 2008).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 20 da Orde do 21 de novembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Orde do 21 de novembro de 2008.

Finalidade da axuda: estas subvencións teñen como finalidade o financiamento do desenvolvemento de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral que contribúan, ademais, a superar os estereotipos que adscriben a homes e mulleres a determinadas tarefas e funcións tanto no ámbito profesional como no privado e familiar, que leven a cabo as empresas domiciliadas en Galicia ou que acometan proxectos subvencionables nos seus centros de traballo establecidos en Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, que reúnan a condición de micro, pequena ou mediana empresa (pemes).

Norma reguladora: Orde do 21 de novembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Crédito orzamentario: 300.000 euros.

Partida orzamentaria: 05.30.312G.470.0.

Empresas beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2009.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "18600D003P007.PDF"