DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 22 de setembro de 2009 Páx. 15.114

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2009 pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 63, do 1 de abril de 2009).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 19 da Orde do 18 de marzo de 2009 pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Orde do 18 de marzo de 2009.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen a seguinte finalidade:

-Mellorar a percepción social sobre a igualdade entre mulleres e homes.

-Mellorar as condicións sociais e culturais de partida para as mulleres e fomentar a súa participación.

-Fomentar a formación en igualdade e a corresponsabilidade da poboación infantil e xuvenil.

Norma reguladora: Orde do 18 de marzo de 2009 pola que se regulan as bases para a concesión das subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 125.000 euros.

Partida orzamentaria: 05.30.313B.460.0.

Entidades locais beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2009.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "18600D001P006.PDF"