DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 21 de setembro de 2009 Páx. 15.036

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2009 pola que se fai pública a cuarta ampliación de créditos asignados ao Plan Remóvete para a substitución de vehículos en Galicia.

O Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza que tivo lugar o día 2 de xuño de 2009 acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape ás pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con achatarramento de automóbiles antigos (Plan Remóvete Galicia).

Mediante Resolución do 30 de xuño de 2009 procedeuse á publicación de ditas bases así como á publicación dos créditos asignados (DOG nº 130, do 6 de xullo).

Na xuntanza do Consello de Dirección do Igape que tivo lugar o 28 de xullo de 2009 acordouse a habilitación ao director xeral do Igape para proceder mediante resolución, a ampliar os fondos do dito programa en función do crédito dispoñible, se se considerase conveniente.

Visto o número de solicitudes e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Ampliar por cuarta vez o crédito dispoñible en 2.000.000 euros adicionais, con cargo á partida orzamentaria 02.02 E4/10/04-656 do ano 2009.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2009.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica