DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 21 de setembro de 2009 Páx. 15.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de setembro de 2009 pola que se incrementa o importe das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2009.

Por Orde do 3 de abril de 2009 (DOG do 16 de abril), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2009.

A disposición terceira desta orde establece que o importe que se distribuirá nesta convocatoria será de sesenta e dous mil sesenta e un euros con corenta e dous céntimos (62.061,42 €) e realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.423A.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (actualmente á aplicación orzamentaria 45.05.423A.481.0 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos).

Non obstante, tamén establece que o importe destas axudas poderá incrementarse se, antes da publicación da resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, se recibise outra transferencia do Ministerio de Educación para esta mesma finalidade.

Recibida a mencionada transferencia do Ministerio de Educación, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Incrementar a contía das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial ata noventa e oito mil dous centos vinte e un euros con corenta e dous céntimos (98.221,42 €), de acordo co establecido na disposición terceira da Orde do 3 de abril do 2009 (DOG do 16 de abril).

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria