DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 21 de setembro de 2009 Páx. 15.034

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2009 pola que se fai pública a concesión das axudas dirixidas a entidades locais de Galicia para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, convocadas pola Resolución do 5 de xuño de 2009.

A resolución da Secretaría Xeral da Igualdade do 5 de xuño de 2009 (DOG do 10 de xuño) aproba as bases e convoca a axudas dirixidas a entidades locais de Galicia para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anteriormente exposto, esta secretaría

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desa resolución. Esta relación achégase no anexo.

Convocatoria: Resolución do 5 de xuño de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas dirixidas a entidades locais de Galicia para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Programa: 200900185.

Crédito orzamentario: 200.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 40.40.313D.460.1.

Santiago Compostela, 11 de setembro de 2009.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "18500D002P006.PDF"