DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 21 de setembro de 2009 Páx. 15.034

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DECRETO 386/2009, do 10 de setembro, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia creou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico.

De acordo co previsto no artigo 226 da devandita lei e nos estatutos da axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do que forman parte catro vogais en representación da comunidade autónoma.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de setembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese María Teresa Nieto Freire como vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas