DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 17 de setembro de 2009 Páx. 14.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2009 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2009, e se procede á súa convocatoria (IN420A) (Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro de 2009).

O artigo 20 das bases reguladoras, dispón: «No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención»; unha vez resoltas,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2009, e se procede a súa convocatoria (IN420A), como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2009.

P.D. (Orde do 30 de abril de 2009; DOG nº 87,

do 6 de maio)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral de Economía e Industria

Ver referencia pdf "18300D002P005.PDF"