DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 17 de setembro de 2009 Páx. 14.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de agosto de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de agosto de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

Advertido erro na Resolución de 28 de agosto de 2009, publicada no DOG nº 179, do venres 11 de setembro de 2009, cómpre facer a oportuna corrección:

-Na páxina 14.661:

Onde di:

«No posto «PE.C02.00.001.15770.075.-Servizo de Fomento da Organización Sectorial», cambia a súa columna Forma de provisión, que pasa a ser «C», e a columna Corpo/escala, que pasa a ser «Xeral/especial».

Debe dicir:

«No posto «PE.C02.00.001.15770.075.-Servizo de Fomento da Organización Sectorial», cambia a súa columna Forma de provisión, que pasa a ser «C», e a columna Corpo/escala, que pasa a ser «Xeral/especial» e na columna onde figura o código de adscrición a administracións públicas pasa a ser «AXG».