DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 15 de setembro de 2009 Páx. 14.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2009 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre de 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), dispón que os organismos autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, os convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo exposto, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación de convenios subscritos polo organismo autónomo Augas de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2009, que se xuntan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2009.

Ethel Vázquez Mourelle

Presidenta de Augas de Galicia

ANEXO

Convenio: convenio de colaboración entre o organismo autónomo Augas de Galicia e a entidade Voz de Galicia Radio, S.L.U.

Sinatura: 7-8-2009.