DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 15 de setembro de 2009 Páx. 14.729

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 14 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2009 dos programas Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2005), María Barbeito e Isabel Barreto (adxudicacións do ano 2007), ao abeiro das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.

A Constitución española, no seu artigo 44.2º, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1º.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

O Estatuto de Galicia recolle no seu artigo 27.19º que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2º da Constitución.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de setembro de 2006, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).

De acordo coa referida Lei 12/1993, do 6 de agosto, o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (en adiante, PGIDIT-Incite) está integrado por tres tipos de programas: os programas horizontais, os programas xerais e os programas sectoriais. Dentro dos programas horizontais, o PIGIDIT-Incite (2006-2010) conta con tres programas: o de recursos humanos (RHS), o de articulación do sistema galego de innovación (ART) e o de comunicación e sensibilización social (CSS). Estes programas tratan de contribuír á mellora do sistema galego de innovación incidindo na cooperación entre todos os axentes. Constitúen o corazón do PGIDIT-Incite e, por tanto, os alicerces en que deben pivotar todas as actuacións que selectivamente deben incidir no desenvolvemento dos sectores económicos en que se deben focalizar as prioridades.

Pola súa banda, o Programa de recursos humanos (RHS) ten o propósito de definir unha carreira científica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+i. Entre os seus obxectivos están:

-Incrementar os recursos humanos dedicados a actividades de I+D+i, tanto en número como en especialización, nas áreas de maior interese.

-Fomentar a formación de doutores e consolidar a formación posdoutoral.

-Fomentar a formación de tecnólogos e axentes de innovación.

-Formar técnicos de apoio á investigación, así como incorporar xestores de innovación e técnicos de apoio ao sistema de I+D+i.

-Incrementar as estadías de investigadores e investigadoras de Galicia en centros de investigación de fóra da comunidade autónoma para a súa formación e desenvolvemento da carreira científica.

O Programa de recursos humanos (RHS) basea as súas actuacións e instrumentos:

-No desenvolvemento da carreira investigadora en todas as etapas, definindo un itinerario lineal desde a formación dos investigadores e investigadoras ata a súa consolidación no sistema, e dotando de instrumentos de axuda cada unha das etapas (predoutoral, posdoutoral, incorporación e consolidación).

-No desenvolvemento dunha liña de apoio á investigación mediante a formación e incorporación de tecnólogos e axentes de innovación, definindo un itinerario lineal desde a súa etapa de formación ata a súa consolidación no sistema, e dotando de instrumentos de axuda cada unha das etapas (formación, incorporación e consolidación).

-Favorecer a mobilidade do persoal de I+D+i tanto entre sectores como entre institucións.

Ben que nos decretos de estrutura orgánica de diferentes consellerías se lles outorga a estas a participación en distintos aspectos sobre competencias no fomento da investigación sectorial, por mor da necesidade de coordinación, vertebración e transversalidade que ten a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, nace a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, CICETGA, creada na Lei 12/1993, no seu artigo 11.1º. e regulada polo Decreto 14/2006, do 26 de xaneiro.

-No artigo 15 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, indícase que á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación lle corresponde a ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica, e na Lei galega 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; así como a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Nesta orde establécense as bases para a concesión das prórrogas que se inician no ano 2009 dos programas Isidro Parga Pondal, María Barbeito e Isabel Barreto, para os efectos do cumprimento da duración temporal prevista para os distintos programas de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010), e procédese á súa convocatoria.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2009 dos programas Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2005), María Barbeito e Isabel Barreto (adxudicacións do ano 2007), ao abeiro das diversas accións de formación de investigadores e tecnólogos, do Programa de recursos humanos (RHS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse, conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación, as axudas que a continuación se indican, que constitúen o réxime de prórrogas con inicio no ano 2009, establecido nas accións formativas de investigadores encadradas no Programa de recursos humanos (RHS), que se rexerán polas seguintes bases xerais, así como por aquelas específicas que se inclúen como anexos a esta orde:

-Segunda prórroga das axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isidro Parga Pondal) concedidas no ano 2005 (anexo I).

-Prórroga das axudas a contratos predoutorais de formación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa María Barbeito) concedidas no ano 2007 (anexo II).

-Prórroga das axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isabel Barreto) concedidas no ano 2007 (anexo III).

3. As devanditas modalidades de axuda teñen os códigos de procedemento que se indican no seguinte cadro:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios e presentación de solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao/s modelo/s normalizado/s que figuran nos anexos correspondentes segundo o indicado no punto 2 deste artigo.

Os beneficiarios das axudas convocadas nesta orde non poderán estar incursos nas causas de prohibicións para obter a condición de beneficiarios previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán cumprir as obrigas para seren beneficiarios do artigo 11 desta lei, así como os requisitos que se establezan para cada tipo de axuda no anexo correspondente.

2. No enderezo http://economiaeindustria.xunta.es estarán á disposición dos interesados de forma íntegra os correspondentes formularios de solicitude e modelos oficiais que será necesario cubrir e que se publican como anexos, segundo a táboa seguinte:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

3. Os formularios, debidamente cubertos e asinados polos interesados, deberán enviarse acompañados, ademais da documentación adicional que para cada un dos programas se indica no correspondente anexo, das seguintes declaracións:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin, polas distintas administracións públicas competentes ou polos seus organismos ou sociedades.

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social.

d) Declaración opcional do interesado do compromiso de utilizar a lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes, dirixidas ao director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, rúa dos Feáns, 7, baixo C, Santiago de Compostela, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 4º.-Información aos/ás interesados/as.

1. Sobre estes procedementos administrativos, que teñen os códigos indicados no punto 2 do artigo 2º destas bases xerais, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presencialmente ou a través dos seguintes medios:

a) Na epígrafe de axudas e na oficina virtual da páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

b) Nos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: 981 54 10 75, 981 54 10 76 e 981 54 39 91.

c) No enderezo electrónico: info.rhs@xunta.es.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde Galicia) e 902 12 00 12 (desde o resto de Estado).

Artigo 5º.-Financiamento e concorrencia.

1. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde, destinaranse os créditos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se indican para cada acción e de acordo coas seguintes anualidades:

1. A aplicación orzamentaria sinalada cun asterisco (*) está cofinanciada con fondos FSE nunha porcentaxe máxima do 80%. Os beneficiarios das axudas deberán cumprir as normas de información e publicidade dos fondos contidas no Regulamento 1828/2006, da Comisión do 8 de decembro (L371/1, DOUE do 27-12-2006).

Segundo as dispoñibilidades orzamentarias e distribución dos fondos FSE, todas as aplicacións orzamentarias poderán estar cofinanciadas con este fondo na porcentaxe máxima regulamentaria nas anualidades correspondentes aos anos 2010 e 2011.

O concepto, contías e forma de pagamento de cada tipo de axuda establécense no anexo correspondente.

Artigo 6º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. Segundo o artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión das axudas e subvencións polo/a interesado/a comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; nese caso, o órgano xestor requirirá, con anterioridade á proposta de resolución da concesión, a presentación, nun prazo non superior a quince días, da documentación que acredite que se encontra ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda tributaria da comunidade autónoma.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

5. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal, que serán obxecto de tratamento, e para estes efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, de protección de datos, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como administrativas.

A finalidade da recolla dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros, no entanto, a Consellería de Economía e Industria revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente.

Artigo 7º.-Órganos competentes.

A Dirección Xeral de investigación, Desenvolvemento e Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da/s axuda/s establecida/s nesta convocatoria, e correspóndelle ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 8º.-Instrución do/s procedemento/s e tramitación.

1. Os servizos da dita dirección xeral comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou no correspondente anexo da convocatoria, requirirase mediante anuncio na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi) para que:

a) Os interesados e interesadas poidan emendar os erros e falta de documentos indicados, ante a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, achegando, de ser o caso, a documentación necesaria no prazo de 10 días.

b) Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse ao solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de selección, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria ou que esta non cumpra os requisitos establecidos, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non-admisión, en que se indicarán as causas desta.

6. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. Os principios xerais aplicados na avaliación e selección das solicitudes de todas as axudas convocadas nesta orde serán os de obxectividade, independencia e calidade das avaliacións. Os criterios e mecanismos de avaliación e selección para cada unha das accións especificaranse no anexo correspondente.

2. A selección das solicitudes admitidas correspóndelle a unha comisión de selección nomeada para tal efecto, que será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes avaliadas positivamente de acordo cos criterios obxectivos fixados no/s anexo/s correspondente/s, así como de propoñer a concesión ou denegación da axuda aos interesados. A comisión de selección poderá contar co asesoramento de órganos avaliadores ou expertos externos.

3. A comisión de selección estará composta polos seguintes membros (todos eles con voz e voto):

a) Presidente: o/a subdirector/a xeral de xestión do PGIDIT ou persoa en quen delegue.

b) Secretario: un funcionario ou funcionaria da Dirección Xeral de I+D+i.

c) Vogais: 7 vogais, entre os que figurarán un representante da Subdirección Xeral de Innovación Empresarial e o xestor ou xestora do programa de RHS. Os 5 restantes serán designados polo director xeral de I+D+i entre expertos dos distintos ámbitos de coñecemento (como mínimo, un por ámbito) pertencentes ás tres universidades do SUG e outros centros de investigación de Galicia.

4. A comisión levantará acta das súas deliberacións e elevará a súa proposta de resolución ao conselleiro de Economía e Industria a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

5. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a axuda, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no anexo correspondente. Así mesmo, indicarase, de ser o caso, o importe da axuda para cada un deles.

6. A proposta de concesión formulada pola comisión publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Esta publicación só terá efectos informativos.

Artigo 10º.-Resolución e notificación.

1. A comisión de selección formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro de Economía e Industria, que ten a competencia para resolver estas axudas, sen prexuízo da súa posible delegación noutros órganos da Consellería de Economía e Industria. Esta resolución publicarase no DOG.

2. Á vista da proposta formulada pola comisión de selección a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e segundo o que dispón o artigo 21.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se non son tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados nas súas solicitudes, poderase prescindir do trámite de audiencia, e o conselleiro de Economía e Industria ditará a correspondente resolución definitiva de concesión, que será motivada, de acordo cos criterios de valoración establecidos en cada anexo.

3. A/s dita/s resolución/s expresará/n, cando menos:

a) As entidades beneficiarias da axuda e os candidatos seleccionados ou as persoas físicas beneficiarias, segundo corresponda.

b) O importe global da axuda para cada entidade ou persoa física beneficiaria, segundo corresponda.

c) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En ningún caso o importe da axuda ou subvención poderá superar o custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario, ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

5. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo anual de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no DOG, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as solicitudes serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da devandita lei, a notificación individual de concesión da axuda substituirase pola publicación no DOG, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 11º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación da resolución no DOG. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Unha vez recaída a resolución de concesión, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, de concorreren as circunstancias previstas para tales efectos nestas bases reguladoras, de conformidade co previsto no artigo 14.1º m) da Lei de subvencións de Galicia.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía e Industria, logo da instrución do correspondente expediente que deberá recoller os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o novo Regulamento autonómico que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, para que poida operar a modificación.

Artigo 13º.-Obrigas dos beneficiarios, gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento de desenvolvemento, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a:

a) Cumprir cos obxectivos das axudas que se concedan, así como cos compromisos asumidos. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento, e/ou, se é o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.

b) O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou reintegro total da axuda. O incumprimento parcial, determinado polos ditos mecanismos, dará lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda ou ao reintegro parcial na porcentaxe correspondente á acción non efectuada ou xustificada.

Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

c) Facilitar toda información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

d) Comunicar á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación calquera axuda, o seu importe e duración, concedida para a execución dun mesmo investimento, no momento en que sexan beneficiarios.

e) Incluír no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 14º.-Comprobación das axudas concedidas.

O órgano concedente poderá comprobar a axeitada xustificación da axuda, así como a realización da actividade e cumprimento da finalidade que determinen a concesión e aproveitamento da axuda.

Artigo 15º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; no Marco Comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30 de decembro de 2006); no Regulamento (CE) Nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan de desenvolvemento para o Regulamento (CE) Nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) Nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo o que se derroga o Regulamento (CE) Nº 1748/1999; no Regulamento (CE) Nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de mínimis, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposición adicional

As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos deriven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para levar a cabo as actuacións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2009.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

Anexo I

2ª Prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores (Programa Isidro Parga Pondal) en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2005

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade da convocatoria.

Co obxectivo de equiparar en tempo de duración as axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Isidro Parga Pondal coa duración (5 anos) das axudas e contratos establecidos ao abeiro do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia e Innovación, esta convocatoria establece as bases que regulan a concesión dunha segunda prórroga dun ano de duración das axudas correspondentes á primeira prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2005, adxudicadas por Resolución do 2 de outubro de 2007 (DOG do 11 de outubro).

Artigo 2º.-Requisitos dos solicitantes.

1. Poderán participar nesta convocatoria aqueles doutores que, na data de peche desta convocatoria, teñan en vigor un contrato como beneficiarios das axudas correspondentes á primeira prórroga do Programa Isidro Parga Pondal 2005, adxudicadas por Resolución 2 de outubro de 2007 (DOG do 11 de outubro).

2. A presentación da solicitude da 2ª prórroga das axudas do Programa Isidro Parga Pondal comportará a autorización automática para que a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación poida presentar e someter o currículo do solicitante da devandita prórroga ao proceso de avaliación por comités externos de avaliación para os efectos de obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada para os efectos do Programa Manuel Colmeiro. O proceso de avaliación levarase a cabo a partir da documentación indicada nos puntos 1 e 2 do artigo 4º deste anexo.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos contratos.

1. A axuda concedida para cada prórroga dos contratos será de 36.000 € por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 36.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

2. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 37 que corresponden á totalidade de axudas vixentes na actualidade.

3. Os contratos financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 44.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009 e 2010, de acordo coa distribución que se indica na táboa seguinte:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos laborais.

5. A duración das axudas correspondentes a este anexo, así como a prórroga dos contratos establecida ao seu abeiro, será dun máximo dun ano, que se desenvolverá entre o 1 de outubro de 2009 e o 30 de setembro de 2010.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial RHS.IPP-09/02 do que a cara externa se publica como anexo IV a esta orde, presentaranse no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais desta orde, asinadas polo solicitante e co visto e prace do representante legal do organismo correspondente. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º da bases xerais desta orde, deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

1. Currículo actualizado do solicitante, formalizado nalgún dos modelos normalizados que figuran na páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Economía e Industria no enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Unha vez formalizado deberá enviarse á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación:

a) Unha copia impresa do currículo, debidamente asinada polo/a interesado/a.

b) Unha copia deste en CD (formato pdf).

c) Documentos xustificativos (orixinal ou copia cotexada) dos méritos alegados no currículo e fotocopia simple das publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc., alegadas no currículo.

2. Memoria, asinada polo interesado, relativa á actividade investigadora desenvolvida nos últimos catro anos. Nela deberase facer fincapé expreso nos seguintes aspectos:

a) Achegas en forma de artigos orixinais, libros ou capítulos de libro, sobre todo naquelas achegas en que o solicitante sexa responsable do traballo ou principal executor. Deberase facer unha breve recensión (de non máis dunha folla Din A4) da relevancia das achegas deste punto.

b) Capacidade do solicitante para liderar grupos de investigación, liñas de traballo e/ou de obter financiamento en convocatorias públicas competitivas das administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro, sinalando ademais os resultados do grupo investigador que dirixe.

c) Patentes en explotación, destacando especialmente a extensión da protección da patente nacional, europea ou polo Tratado de Cooperación de Patentes (PCT).

d) Actividade formativa do solicitante, especialmente a relacionada coa formación de doutores e a dirección de teses de doutoramento.

3. Plan de traballo (cunha extensión de 3 a 5 follas Din A4 e asinado polo interesado) das actividades académico-investigadoras que o solicitante propón realizar durante o período de prórroga do seu contrato.

Os solicitantes da 2ª prórroga do Programa Isidro Parga Pondal deberán ter en conta que a documentación indicada nos puntos 1 e 2 deste artigo constitúe a documentación básica sobre a que se levará a cabo o proceso de avaliación relativo ao cumprimento do requisito de calidade da produción e actividade científico-tecnolóxica, para os efectos do Programa Manuel Colmeiro.

Artigo 5º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas e correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos desta dirección xeral procederán, segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.

Artigo 6º.-Avaliación e selección das solicitudes.

1. Para os efectos da concesión da 2ª prórroga das axudas do Programa Isidro Parga Pondal, a avaliación das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9º (avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais desta convocatoria, e será necesaria para que o candidato sexa seleccionado a avaliación favorable da actividade realizada ao longo do período da 1ª prórroga, así como da actividade proposta.

2. Para os efectos da concesión do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada para os efectos do Programa Manuel Colmeiro na súa modalidade B, a avaliación das solicitudes admitidas definitivamente será levada a cabo, baixo os principios xerais de obxectividade, independencia e calidade das avaliacións, por comités de avaliación constituídos por expertos externos da/s área/s de coñecemento correspondente/s. No proceso de avaliación, os comités de expertos externos terán como referencia, ademais daqueloutros que especificamente poida establecer a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, os criterios de avaliación establecidos na Resolución do 20 de xullo de 2005, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, pola que se establecen os criterios de avaliación no Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade

investigadora (BOE nº 204, do 26 de agosto de 2005).

Artigo 7º.-Resolución e notificación.

1. Da 2ª prórroga do Programa Isidro Parga Pondal: a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o establecido no artigo 10º das bases xerais desta orde.

2. Os resultados da avaliación para os efectos de obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada serán notificados pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

3. A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación emitirá a correspondente certificación do cumprimento dos requisitos de calidade de producción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada a aqueles solicitantes da 2ª prórroga do Programa Isidro Parga Pondal que acaden unha avaliación final positiva polos comités de expertos externos.

Artigo 8º.-Pagamento das axudas e formalización da prórroga dos contratos.

1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á prórroga dos contratos dos beneficiarios correspondentes aos seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

2. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:

-Un único pagamento do período do ano 2009 polo gasto efectivamente realizado, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura da prórroga dos correspondentes contratos, acompañada dunha copia cotexada destes. O dito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s ou prórrogas.

-Un pagamento correspondente ao 1º semestre do ano 2010, logo de xustificación do gasto realizado.

-O pagamento do último período do ano 2010, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na letra d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.

Artigo 9º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios ou cursos de especialización; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 10º.-Renuncias dos candidatos seleccionados e contratados.

A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+i, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se teña producido. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:

-Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.

-Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.

-Ao representante legal no caso dos organismos da Administración.

Artigo 11º.-Interrupcións.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 12º.-Dereitos dos candidatos contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo ten dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpra as súas obrigas.

Artigo 13º.-Obrigas dos candidatos contratados.

O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo ten as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas na correspondente convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente sexan autorizados.

d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Artigo 14º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

d) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde, que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar, por petición propia, colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Anexo II

Prórroga dos contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa María Barbeito) do ano 2007

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade da convocatoria.

Esta convocatoria establece as bases que regulan a concesión de prórrogas das axudas a contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa María Barbeito), do ano 2007, adxudicadas por Resolución do 19 de decembro de 2007 (DOG do 27 de decembro).

Artigo 2º.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán participar nesta convocatoria aqueles beneficiarios dun contrato predoutoral de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia do Programa María Barbeito do ano 2007, adxudicadas por Resolución do 19 de decembro de 2007 (DOG do 27 de decembro), que na data de peche desta convocatoria se encontren en activo no dito programa e non rematasen a súa tese de doutoramento.

Artigo 3º.-Contía, duración e pagamento das axudas.

1. A axuda concedida para cada contrato laboral será de 20.440 € por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 20.440 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

2. O número máximo de prórrogas que se convocan ascende a 74, que corresponden á totalidade de axudas vixentes na actualidade. Os 74 contratos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 44.02.561B.444.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009 e 2010 de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

3. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos. A súa duración será dun máximo de 6 meses a partir da data de finalización dos seus contratos, sempre que non rematasen a súa tese de doutoramento.

Artigo 4º.-Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHS.MB-09/01, do que a portada externa se publica como anexo V a esta orde, presentaranse inescusablemente acompañadas da seguinte documentación:

a) Memoria (mínimo de 2 folios e máximo 3 folios), do estado actual do proxecto de tese. A dita memoria deberá estar:

-Asinada polo/a interesado/a, e

-Contar co visto e prace do director do proxecto de investigación.

b) Certificación (en papel oficial e/ou co selo do correspondente centro/departamento) do director/es da tese en que conste que esta non está rematada e se atopa en estado avanzado de execución.

c) As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º da bases xerais desta orde.

Artigo 5º.-Tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos da dita dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.

Artigo 6º.-Avaliación, selección das solicitudes.

A avaliación das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9º (avaliación e selección das solicitudes) desta convocatoria, e será necesaria para que o candidato sexa seleccionado a avaliación favorable da actividade realizada segundo o expresado na memoria establecida na letra a) do artigo 4º deste anexo.

Artigo 7º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o establecido no artigo 10º das bases xerais desta orde.

Artigo 8º.-Pagamento das axudas e formalización da prórroga dos contratos.

Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á prórroga dos contratos dos candidatos seleccionados para os seus organismos. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do modo seguinte:

-Un primeiro pagamento correspondente ao período do ano 2009, logo de xustificación do gasto efectivamente realizado e a certificación da sinatura da prórroga dos contratos.

-Un único pagamento correspondente ao período do ano 2010, ata a finalización da actividade, que quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na letra d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.

Artigo 9º.-Condicións de aproveitamento.

Estas axudas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como, cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

No momento, en que algún dos beneficiarios destas axudas realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese, dando conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo poderase autorizar, por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a continuación do aproveitamento da axuda, ata o remate do período para o que se lle concedeu, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

Artigo 10º.-Dereitos dos beneficiarios.

Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os beneficiarios das axudas teñen dereito a:

a) Percibir a axuda económica correspondente.

b) Beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou universidade de adscrición.

Artigo 11º.-Obrigas dos beneficiarios. Seguimento da axuda.

Ademais das obrigas de carácter xeral que se sinalan no artigo 6º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os beneficiarios terán as seguintes obrigas:

a) O persoal investigador en formación con contrato adscrito á universidade poderá dedicar, por petición propia, ata un máximo de 20 horas durante a prórroga, á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 3 horas, logo de conformidade, entre o director do traballo e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo beneficiario das axudas das responsabilidades que corresponden ao profesorado.

b) O persoal investigador en formación está obrigado a residir na comunidade autónoma agás durante os períodos de formación a que expresamente sexa autorizado.

c) O persoal investigador en formación con contrato está obrigado a notificarlle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificarllo igualmente á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

Artigo 12º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Ao abeiro do establecido no artigo 7º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador en formación, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

c) Designar un titor, co grao de doutor, para a coordinación e orientación da actividade dos beneficiarios.

d) Velar polo adecuado desenvolvemento do programa de formación do beneficiario, sen que poida exixírselle, a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa investigación ou da formación específica requirida por esta, durante o seu transcurso. Non obstante, o persoal investigador en formación con contrato que desenvolva a súa actividade nunha universidade poderá colaborar en tarefas docentes, dentro dos límites establecidos nestas bases, sen que, en ningún caso, se poida desvirtuar a finalidade investigadora e formativa das axudas. En todo caso, non se lle poderán atribuír obrigas docentes superiores a 20 horas anuais.

e) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos María Barbeito estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Anexo III

Prórroga das axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isabel Barreto-2007)

Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.

O obxectivo do Programa Isabel Barreto é fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D de Galicia, tanto do sector público como do privado, e mellorar a capacidade tecnolóxica das empresas, mediante o apoio á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste anexo convócase, en réxime de publicidade e obxectividade, a concesión da prórroga das axudas á incorporación en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i correspondentes ao Programa Isabel Barreto, adxudicadas por Resolución do 28 de decembro de 2007 (DOG do 11 de xaneiro de 2008).

Artigo 2º.-Beneficiarios e modalidade das axudas.

1. Poderán ser solicitantes e beneficiarios da prórroga das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto os centros de I+D de Galicia, tanto do sector público como do privado, que teñan vixente un contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto da convocatoria do ano 2007, adxudicadas por Resolución do 28 de decembro de 2007 (DOG do 11 de xaneiro de 2008).

2. Modalidades de axudas obxecto de prórroga:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

3. Só será admitida unha solicitude de axudas correspondentes á prórroga do Programa Isabel Barreto por grupo de investigación ou entidade solicitante.

Artigo 3º.-Duración da prórroga das axudas.

As axudas para o fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i concedidas con cargo á prórroga do Programa Isabel Barreto terán unha duración máxima de dous anos. Os contratos establecidos ao abeiro da devandita prórroga das axudas terán a mesma duración, e desenvolveranse nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que non será anterior ao 27 de decembro de 2009.

Artigo 4º.-Dotación, número e financiamento das axudas.

1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento da prórroga das prazas outorgadas na Resolución de adxudicación do 28 de decembro do Programa Isabel Barreto-2007 (DOG do 11 de xaneiro de 2008) que conserven a súa vixencia coa contratación dun candidato seleccionado ata o momento da resolución desta prórroga, sen que poida producirse ningunha adxudicación ex novo.

A axuda concedida para cada contrato e ano, incluídos os custos sociais, será a seguinte:

a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1º ciclo: 24.000 €/ano.

b) Titulados/as universitarios superiores: 31.000 €/ano.

c) Doutores/as: 36.000 €/ano.

As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda. Igualmente, a titulación que figura na resolución do programa Isabel Barreto 2007 manterase aínda que o contratado seleccionado acadase unha titulación superior.

2. Dependendo da modalidade da axuda e da titulación exixida, a Dirección Xeral de I+D+i financiará para todas as anualidades da prórroga da axuda o custo dos contratos de acordo coas seguintes porcentaxes, e os centros beneficiarios deberán cofinanciar a porcentaxe restante segundo a táboa seguinte:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

Na modalidade destinada a empresas, o importe das axudas concedidas en ningún caso poderá ser de tal contía que supere a intensidade de axuda indicada e aplicable de acordo co establecido no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, do 30-12-2006). As axudas concedidas nesta modalidade de empresas acóllense ao disposto no Regulamento (CE) Nº 1998/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.

3. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior ás indicadas no punto 1 deste artigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da prórroga da axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

4. O número máximo de contratos que se poderán financiar é de 63, que se corresponden á totalidade de axudas vixentes na actualidade, e que serán financiados con cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009, 2010 e 2011 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"

5. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.

6. A primeira anualidade das axudas comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 27 de decembro do ano 2009.

Artigo 5º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

Os centros de I+D que dexexen participar nesta convocatoria presentarán, no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais desta convocatoria, unha única solicitude correspondente ao Programa Isabel Barreto. Para tal efecto, deberán:

1º. Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo normalizado RHS.IB-09/01 do que a portada externa se publica como anexo VI desta orde, que contén os seguintes puntos:

1. Datos de identificación do solicitante e/ou da entidade solicitante e os relativos á notificación.

2. Datos de identificación do/s tecnólogo/s, axentes de innovación ou de xestión de proxectos de I+D que no momento de presentación da solicitude teñan en vigor un contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto-2007, indicando os datos correspondentes ao centro ou centros a que están incorporados.

3. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º da bases xerais desta orde.

2º. Xunto co formulario de solicitude deberán xuntarse os seguintes documentos:

1. Memoria (mínimo 3 folios e máximo 5) da actividade realizada polo tecnólogo, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro, ao longo do período de contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto 2007.

2. Copia visada polo Inem do contrato laboral establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto do ano 2007 de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i vixentes.

Artigo 6º.-Instrución do procedemento e tramitación.

A instrución do procedemento de concesión destas prórrogas de axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos da dita dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.

Artigo 7º.-Avaliación e selección das solicitudes.

A avaliación das solicitudes presentadas será realizada pola comisión de selección indicada no artigo 9º (avaliación e selección das solicitudes) desta convocatoria, sendo necesario para que sexa seleccionada a entidade titular da axuda a avaliación favorable da actividade realizada polo tecnólogo segundo o expresado na memoria establecida no punto 2.1. do artigo 5º deste anexo.

Artigo 8º.-Resolución e notificación.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais desta orde.

Artigo 9º.-Pagamento das axudas.

1. Publicada a resolución no DOG, no prazo de 15 días hábiles desde a data da súa publicación, as institucións e entidades beneficiarias deberán remitir á Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, a correspondente copia visada polo Inem do contrato laboral correspondente á prórroga concedida.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo á prórroga do Programa Isabel Barreto-2007 da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

b) Á data de comezo efectivo da prórroga.

c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do tecnólogo ou axente de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i e a duración do contrato.

3. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:

-Un único pagamento do período do ano 2009 polo gasto efectivamente realizado, unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura da prórroga, acompañada dunha copia visada polo Inem dos correspondentes contratos e a certificación dos haberes.

-Dous pagamentos de periodicidade semestral correspondentes ao ano 2010 e outro correspondente ao 1º semestre do ano 2011, logo da xustificación do gasto realizado.

-O pagamento do último período correspondente ao ano 2011, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na letra d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.

Artigo 10º.-Condicións de aproveitamento.

Os contratos realizados ao abeiro das axudas da prórroga do Programa Isabel Barreto-2007 son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Artigo 11º.-Interrupcións.

O persoal contratado ao abeiro das axudas da prórroga do Programa Isabel Barreto-2007 estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.

Artigo 12º.-Dereitos dos candidatos contratados.

Os candidatos e candidatas contratados/as ao abeiro das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isabel Barreto-2007 teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpra as súas obrigas.

Artigo 13º.-Obrigas dos candidatos contratados.

Os candidatos contratados mediante as axudas correspondentes á prórroga do Programa Isabel Barreto-2007 teñen as seguintes obrigas:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente sexan autorizados.

Artigo 14º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.

Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Formalizar ou ter formalizado un contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración, como mínimo, igual á do período para o que se concede a axuda establecido na resolución de concesión.

c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos da prórroga do Programa Isabel Barreto-2007 estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

Ver referencia pdf "18100D001P005.PDF"