DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 14 de setembro de 2009 Páx. 14.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de agosto de 2009 pola que se fixa o prezo de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Sanidade e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2009.

Mª Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

ANEXO

-Diplomado en sanidade 2008. Cadernos de investigación sanitaria: 15 euros.

-Eficacia y efectividad del inicio precoz del tratamiento renal sustitutivo en la insuficiencia renal crónica avanzada: 3,74 euros.