DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 14 de setembro de 2009 Páx. 14.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 133 do xoves, 9 de xullo de 2009, é necesario facer a seguinte modificación:

Na páxina 11.935, primeira e segunda alínea, onde di:

«1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo, nas cales existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2009, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Ver referencia pdf "18000D001P006.PDF"

2. A aplicación marcada cun asterisco está cofinanciada con fondos Feder».

Debe dicir: