DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 11 de setembro de 2009 Páx. 14.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de abril de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos os erros no anexo II de ficheiros modificados na devandita orde, publicada no DOG nº 80, o día 27 de abril de 2009, cómpre engadir as seguintes correccións:

-No anexo II de ficheiros modificados, dentro do cadro de características do ficheiro «Persoal non docente», débese engadir unha fila de «Tipos de datos de carácter persoal: categorías de datos» con valor «Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo, Nº Seguridade Social, teléfono, Nº rexistro persoal, sinatura ou pegadas. Non se inclúen datos de infraccións administrativas nin penais» e tamén é necesario engadir unha fila «Nivel do ficheiro» con valor «Básico».

-No anexo II de ficheiros modificados, dentro do cadro de características do ficheiro Actividades de formación, débese engadir unha fila de «Tipos de datos de carácter persoal: categorías de datos» con valor «Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo, teléfono, Nº de conta bancaria» e tamén débese engadir unha fila «Nivel do ficheiro» con valor «Básico».