DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 11 de setembro de 2009 Páx. 14.663

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de agosto de 2009 polo que se aproba a amortización dos postos de traballo de secretarias e secretarios de altos cargos.

A organización da Administración periférica da Comunidade Autónoma de Galicia tiña o seu apoio na figura dos delegados e delegadas provincias das distintas consellerías. Mediante o decreto polo que se fixan as novas estruturas orgánicas desaparecen as delegacións provinciais e territoriais existentes, que son substituídas pola nova figura das delegacións territoriais.

Así mesmo, de acordo cos criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa prodúcese unha redución nas secretarías, direccións xerais e órganos de igual categoría con respecto á situación anterior.

Como consecuencia do anterior, faise necesaria a amortización de determinados postos de traballo, relacionados no anexo a este acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de funcionarios da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de agosto de dous mil nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a amortización dos postos de traballo de secretarias e secretarios de altos cargos que se indican no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e sete de agosto de dous mil nove, relativo á amortización dos postos de traballo de secretarias e secretarios de altos cargos que se indican no anexo a este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "17900D003P007.PDF"

Ver referencia pdf "17900D003P007.PDF"