DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 11 de setembro de 2009 Páx. 14.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de agosto de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda.

Cumprindo co compromiso de redución e reorganización dos departamentos e órganos da Xunta de Galicia, o Decreto 245/2009, do 30 de abril, regula as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

No artigo 11.1º do citado decreto establecése que os departamentos territoriais son os órganos de exercicio das competencias administrativas de cada unha das consellerías. Á fronte dos departamentos territoriais estarán os xefes e xefas territoriais dos cales dependerán todos os servizos ou áreas que sexan necesarios para unha maior eficacia da xestión administrativa.

A disposición transitoria segunda do Decreto 245/2009 establece que as secretarías provinciais das delegacións provinciais e territoriais correspondentes á anterior estrutura organizativa transfórmanse nas xefaturas territoriais reguladas neste decreto.

Os postos de xefes e xefas territoriais supoñen unha especial dificultade técnica, dedicación e responsabilidade e configúranse co nivel orgánico de xefatura de servizo, nivel 28.

Ao mesmo tempo, tendo en conta as competencias que lles corresponden aos postos de xefes e xefas territoriais coa nova reformulación da estrutura da Administración autónomica, cómpre a realización dunha modificación na relación de postos de traballo das distintas consellerías no que se refire á apertura a outros corpos ou escalas, adscrición a outras administracións dos postos, así como ao incremento do complemento específico.

Por outra banda modifícanse os requisitos de tres postos de traballo da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro por necesidades organizativas desta.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de funcionarios da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de agosto de 2009, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, nos termos seguintes:

a) Modificación de determinadas características de postos da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro: Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros, Subdirección Xeral do Tesouro e Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras, permitindo o acceso aos funcionarios dos corpos ou escalas: xeral/xeral (escala de finanzas), suprimindo o requisito do diploma de directivo e incluíndo o requisito indispensable de pertenza ás escalas de finanzas ou experiencia en materia económico-financeira.

b) Clasificar de libre designación, os postos que a continuación se relacionan en aplicación dos criterios de excepcionalidade que á marxe se indican, de conformidade co previsto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e o disposto mediante Acordo do 28 de xaneiro de 2008 asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e polas organizacións sindicais.

Ver referencia pdf "17900D002P005.PDF"

ANEXO

Consellería de Facenda

Ver referencia pdf "17900D002P005.PDF"

MODIFICACIÓNS:

Nos centros de destino e páxinas que se especifican modifícanse os seguintes postos de traballo que quedan da seguinte forma:

CREACIÓNS:

Na páxina 13.198, no centro de destino DEPARTAMENTO TERRITORIAL LUGO, antes denominado DELEGACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Segundo.-Ordenar a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro.-Os efectos económicos derivados deste acordo retrotraeranse ao 1 de xuño de 2009.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de agosto de 2009, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda, de conformidade co disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 245/2009, do 30 de abril, que regula as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda